Edición 2017
Nesta edición, os mellores temas musicais publicados en Galiza e en Portugal en 2016 son, respectivamente, "A paz esquiva", de Ses, e "Faz ben falar de amor", dos Quinta do Bill. En poesía os gañadores foron o galego Paco Souto, polo poema “Terradentro”, e o portugués Pedro Craveiro, por "Fui a Bruges esquecer um amor”. O premio especial do xurado á Embaixada da amizade galego-lusófona foi, a título postumo, para Fran Pérez NARF.
A partir das 21:00 H
Entrega de premios e actuacións
31 de outubroTeatro Principal de Santiago de Compostela
Entrada libre e gratuíta até completar a capacidade da sala
Galería da Gala de entrega de premios. Santiago de Compostela
"A paz esquiva", e “Faz bem falar de amor” foron escollidas como gañadoras do premio á mellor canción de 2016
Santiago de Compostela, 21 de Marzo de 2017
Os votos recibidos no certame Ari[t]mar da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela determinaron que os gañadores polo mellor tema musical publicado en Galiza e en Portugal en 2016 son Sés (A paz esquiva de Oporse á extinción) e Quinta do Bill (Faz bem falar de amor, de “Todas as estações”). Estes premios, xunto cos de poesía, entregaranse nunha gala que se celebrará en outubro, onde actuarán os grupos gañadores.
Segundo explicou o director da Escola Oficial de Idiomas, Gonzalo Constenla, o certame xerou boas expectativas e contou cunha alta participación ao emitirse 5.043 votos no reconto total.
Ademais das comunidades educativas e socias da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, participaron tamén as da Facultade de Filoloxía da USC, Conservatorio Profesional de Música de Santiago, Escola Oficial de Idiomas de Lugo, Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra, Centro Cultural Portugués de Vigo-Instituto Camões e os centros do Ensino Português pelo Camões na Galiza: IES Arcebispo Xelmirez I (Santiago de Compostela), IES Félix Muriel (Rianxo), IES de Valga, IES Valadares (Vigo), IES Politécnico (VIgo), IES A Sangriña (A Guarda), CEIP Mariñamansa (Ourense), CEIP Manuel Luís Acuña (Ourense), CEIP Oimbra e CEIP Princesa de España (Verín), e o Instituto de Ensino Secundario de Cacheiras (Teo).
Chove en Galiza, de Poetarras
Corzinha De Verão, de Deolinda
Ecuacións, de Xoán Curiel
Meu amor de longe, de Raquel Tavares
"Terradentro", e “Fui a Bruges esquecer un amor” foron escollidas como gañadoras do premio á mellor poesía de 2016
Santiago de Compostela, 21 de Maio de 2017
A Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, institución docente pertencente á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, acabou de fechar o proceso de votación polo público dos poemas finalistas do certame aRi[t]mar galiza e portugal, onde os gañadores foron o galego Paco Souto, por “Terradentro” (Caín, Laiovento, 2016), e o portugués Pedro Craveiro, por “Fui a Bruges esquecer um amor” (Avenida Sul, 2016) cun rexistro total de máis de 2.000 votos populares.
Parque, de Rosalía Fernández Rial
Tragam-me um homem que me levante com os olhos, de Cláudia R.Sampaio
Parir un lugar, de Olalla Tuñas
Penso em ti , de Alexandra Santos
premio especial do xurado á Embaixada da amizade galego-lusófona
Fran Pérez, Narf
O xurado acordou conceder este premio a Fran Pérez, Narf (Silleda, 1968), finado o 15 de novembro de 2016, motivado por ser un cantante e compositor galego dedicado a construír pontes de colaboración e afecto no ámbito lusófono. Narf deu o seu último recital nunha actuación conxunta coa banda mozambicana Timbila Muzimba, no festival Womex da capital galega. Obreiro da música, foi un dos grandes defensores e impulsores do achegamento musical entre Galiza e a lusofonía.
newsletter
Mantente informado: aRi[t]mar galiza e portugal