Edición 2020
Nesta edición, os mellores temas musicais publicados en Galiza e en Portugal en 2019 son, respectivamente, "Despedida", de Sabela e "Catavento da Sé", de António Zambujo . En poesía os gañadores foron o galego Carlos Da Aira, polo poema “Nas noites de luar”, e a portuguesa Raquel Lima, por “Liberdade mais cruel”. O premio especial do xurado á Embaixada da amizade galego-lusófona foi para Georgina Benrós de Mello.
A partir das 12:30 H
Entrega de premios e actuacións
26 de outubroHotel NH CollectionSantiago de Compostela
Entrada libre e gratuíta até completar a capacidade da sala
"Despedida", e “Catavento da Sé” foron escollidas como gañadoras do premio á mellor canción 2019
Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2021
Os perto de cinco mil votos do público emitidos no certame aRi[t]mar galiza e portugal promovido pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela determinaron que a e o gañador polo mellor tema musical publicado en Galiza e en Portugal en 2019 son, respectivamente, Sabela, con Despedida e António Zambujo, con Catavento da Sé. Estes premios, xunto cos de poesía, e o do embaixada da amizade, entregaranse a artistas e poetas gañadores na Gala aRi[t]mar 2020.
Segundo explicou o director da Escola Oficial de Idiomas, Gonzalo Constenla, o certame voltou xerar moi boas expectativas e contou cunha alta participación popular, ficando as votacións moi igualadas quer nas músicas gañadoras quer nas segundas e nas terceiras máis votadas.
Mellor Canción Galega
"Despedida" de Sabela
Sabela é unha cantante e compositora galega que se fixo coñecida pola súa participación no concurso musical de televisión Operación Triunfo (España), no ano 2018.
Mellor Canción Portuguesa
Catavento da Sé de Antonio Zambujo
É um músico português. Desde menino está familiarizado com a música alentejana. Começou de muito novinho a estudar instrumentos musicais (clarinete, guitarra).
Mellor Canción portuguesa
"Catavento da Sé" de Antonio Zambujo
É um músico português. Desde menino está familiarizado com a música alentejana. Começou de muito novinho a estudar instrumentos musicais (clarinete, guitarra).
Balada de verán, de Guadi Galego
Tal se Eu Dançasse , de Miguel Araújo
Fisterra, de Baiuca
Uma Frase Não Faz a Canção, de Isaura
"Nas noites de luar", e “Liberdade mais cruel” foron escollidas como gañadoras do premio á mellor poesía 2019
Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2020
A Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela acabou de fechar o proceso de votación dos poemas finalistas do certame aRi[t]mar galiza e portugal, onde os gañadores foron o galego Carlos Da Aira, polo poema “Nas noites de luar” (Prender os fachos, compoñer os ósos, Espiral Maior, 2019), e a portuguesa Raquel Lima, por “Liberdade mais cruel” (Ingenuidade Inocência Ignorância, Animal Sentimental e BOCA – palavras que alimentam, Lda, 2019).
Os poemas foron escollidos por votación popular online aberta a todo o público galego e portugués. Ademais das comunidades educativas e sociais da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, participaron tamén as da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, Instituto de Línguas e Ciências Humanas da Universidade do Minho (Braga), Escola Oficial de Idiomas de Lugo, Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra, Centro Cultural Portugués de Vigo-Instituto Camões e os centros do Ensino Português pelo Camões na Galiza, e os Centros de Estudos Galegos de máis de 35 universidades do exterior, ben como centros de ensino secundario de fóra de Galiza en que se imparte galego, e o público en xeral.
No medio desta paisaxe, de Tamara Andrés
Projeto Político 3: El Corte Inglés, de Filipa Leal
Síndrome de Stendhal, de Oga Nova
E se fosse proibido abraçar, de José Manuel Neves
premio especial do xurado á Embaixada da amizade galego-lusófona
Georgina Benrós de Mello
O xurado pon en destaque a súa activa implicación para Galiza se integrar no organismo internacional e o impulso dado ao estabelecimento de relacións con institucións oficiais e asociacións civís.
newsletter
Mantente informado: aRi[t]mar galiza e portugal