Edición 2018

Nesta edición, os mellores temas musicais publicados en Galiza e en Portugal en 2017 son, respectivamente, "Bailando as rúas" d’A banda da Loba, e "Amar pelos dois", de Salvador e Luísa Sobral. En poesía os gañadores foron os galegos Lois Pérez, polo poema “Blues do rei Bergman=B.B.King”, e Alexandre Brea, por "Com o ritmo da chuva”. O premio especial do xurado á Embaixada da amizade galego-lusófona foi para as Convergências Portugal Galiza.

A partir das 21:00 H

Entrega de premios e actuacións

31 de outubro
Auditorio de Galicia
Santiago de Compostela

Entrada libre e gratuíta até completar a capacidade da sala

Galería da Gala de entrega de premios. Santiago de Compostela

"Bailando as rúas", e “Amar pelos dois” foron escollidas como gañadoras do premio á mellor canción de 2017

Santiago de Compostela,
26 de Marzo
de 2018

Os votos populares emitidos no certame aRi[t]mar galiza e portugal promovido pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela determinaron que os gañadores polo mellor tema musical publicado en Galiza e en Portugal en 2017 son A banda da Loba con Bailando as rúas e Salvador e Luísa Sobral con Amar pelos dois. Estes premios, xunto cos de poesía, entregaranse a artistas e poetas gañadores na Gala aRi[t]mar 2018.

Segundo explicou o director da Escola Oficial de Idiomas, Gonzalo Constenla, o certame xerou moi boas expectativas e contou cunha alta participación popular.

Mellor Canción Galega

"Bailando as rúas"
de A banda da Loba

Mellor Canción Portuguesa

"Amar pelos dois"
de Salvador e Luisa Sobral

Mellor Canción portuguesa

"Amar pelos dois"
de Salvador
e Luísa Sobral

2º posto Galiza
A modiño, de De Vacas
2º posto Portugal
Se me deixasses, de Tiago Bettencourt
3º posto Galiza
Casandra, de MJ Pérez
3º posto Portugal
Leve como uma pena, de Ana Bacalhau

"Blues do rei bergman=B.B.King", e “Com o ritmo da chuva” foron escollidas como gañadoras do premio á mellor poesía de 2017

Santiago de Compostela,
21 de maio
de 2018

A Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, institución docente pertencente á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, acabou de fechar o proceso de votación polo público dos poemas finalistas do certame aRi[t]mar galiza e portugal aos mellores poemas publicados en Galiza e en Portugal en 2017, en que os gañadores foron Lois Pérez, por “Blues do rei Bergman = B.B. King (Long Play, Xerais, 2017), e Alexandre Brea, por “Com o ritmo da chuva” (O livro branco, Livros de Ontem, 2017).

Os poemas foron escollidos por votación popular online aberta a todo o público galego e portugués. Ademais das comunidades educativas e sociais da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, participaron tamén as da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, Instituto de Línguas e Ciências Humanas da Universidade do Minho (Braga), Escola Oficial de Idiomas de Lugo, Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra, Centro Cultural Portugués de Vigo- Instituto Camões e os centros do Ensino Português pelo Camões na Galiza, e os Centros de Estudos Galegos de máis de 35 universidades do exterior, ben como centros de ensino secundario de fóra de Galiza en que se imparte galego, e o público en xeral.

2º posto Galiza
2º posto Portugal
3º posto Galiza
Tira a roupa, de Marta da Costa
3º posto Portugal
Aprendizagens , de Ana Luísa Amaral

premio especial do xurado á Embaixada da amizade galego-lusófona

Convergências Portugal Galiza

O xurado do certame aRi[t]mar da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela acordou conceder o Premio aRi[t]mar especial do xurado “Embaixada da Amizade galego-lusófona”á iniciativa miñota Convergências Portugal Galiza.

PROMOVE

PATROCINA

COLABORA

newsletter

Mantente informado: aRi[t]mar galiza e portugal

    Desprazamento
    Bottom Reached
    GL