Edición 2021

Nesta edición, o mellor tema musical publicado en Galiza e en Portugal en 2020 son, respectivamente, Guadi Galego, con "Cólico", e Cláudia Pascoal con "Quase Dança". En poesía os gañadores foron a galega Rosalía Fernández Rial, polo poema “A reflexión”, e a portuguesa Márcia, por "O verão sabe-me bem”. O premio especial do xurado á Embaixada da amizade galego-lusófona foi para José Viale Moutinho.

Galería da Gala de entrega de premios. Santiago de Compostela

A partir das 20:30 H

Entrega de premios e actuacións

27 de outubro

Entrada libre e gratuíta até completar a capacidade da sala

Para acceder a ela deberá retirar previamente o correspondente billete a partir do día 25 de outubro.

"Cólico", e “Quase dança” foron escollidas como gañadoras do premio á mellor canción 2020

Santiago de Compostela,
10 de maio
de 2021

Os máis de cinco mil votos do público emitidos no certame aRi[t]mar Galiza e Portugal, promovido pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, determinaron que as gañadoras polo mellor tema musical publicado en Galiza e Portugal en 2020 son, respectivamente, Guadi Galego, con “Cólico” e Cláudia Pascoal, con “Quase Dança”. Estes premios, xunto cos de poesía, e o do embaixada da amizade, entregaranse a artistas e poetas gañadores na Gala aRi[t]mar 2021 o 27 de outubro próximo.

Segundo explicou o director da Escola Oficial de Idiomas, Gonzalo Constenla, o certame volveu xerar moi boas expectativas, mantivo unha igualada disputa polos primeiros postos quer nas músicas gañadoras quer nas segundas e nas terceiras máis votadas até o último minuto e contou coa participación popular máis alta de todas as edicións do certame.

Mellor Canción Galega

Cólico
de Guadi Galego

Guadi Galego é unha das artistas máis relevantes da escena musical galega actual, froito dunha carreira que comezou sendo moi nova.

Mellor Canción Portuguesa

Quase Dança
de Claudia Pascoal

É uma cantora portuguesa, que nos últimos anos, despontou no meio musical e televisivo nacionais através de participações em concursos musicais.

Mellor Canción portuguesa

"Quase Dança"
de Cláudia Pascoal

A cantora Cláudia Pascoal ten despuntado no eido musical e a televisión portuguesa nos últimos anos a través da súa participación en diferentes concursos, tanto nacionais como internacionais, Eurovisión entre eles.

2º posto Galiza
Anceios, de Xoana
2º posto Portugal
Outras Línguas , de Bárbara Tinoco
3º posto Galiza
Pasei pola TUA PORTA , de Os D´Abaixo
3º posto Portugal

"A reflexión", e “O verão sabe-me bem” foron escollidas como gañadoras do premio á mellor poesía 2021

Santiago de Compostela,
10 de maio
de 2021

A Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela acabou de fechar o proceso de votación dos poemas finalistas do certame aRi[t]mar galiza e portugal, onde os gañadores foron a artista multidisciplinar galega Rosalía Fernández Rial, polo poema “A reflexión” (Árbores no deserto, Espiral Maior, 2020), e a compositora e música portuguesa Márcia, por “O verão sabe-me bem” (As estradas são para ir, Editorial Planeta, 2020).

Os poemas foron escollidos por votación popular en liña aberta a todo o público galego e portugués e a participación superou todos os rexistros anteriores, resultando a máis alta das 6 edicións e de todas as modalidades, o que dá conta da vitalidade e popularidade da poesía. Conxuntamente cos resultados na modalidade da música, nesta edición 2021 superáronse os 10 mil votos.

2º posto Galiza
Dixeches, de Francisco Fernández Naval
2º posto Portugal
AS LETRAS DO TEU NOME, de Alexandra Santos
3º posto Galiza
#love, de Arancha Nogueira
3º posto Portugal
FOZ, de Samuel F. Pimenta

premio especial do xurado á Embaixada da amizade galego-lusófona

José Viale Moutinho

O xurado destacou o labor de Viale Moutinho como ponte entre Galiza e Portugal, impulsor do continuo lingüístico e cultural que representa a Lusofonía e como verdadeiro embaixador da Galiza en Portugal e de Portugal na Galiza.

PROMOVE

PATROCINA

COLABORA

newsletter

Mantente informado: aRi[t]mar galiza e portugal

    Desprazamento
    Bottom Reached
    GL