"Un mar que soña", e “Indigestão” foron escollidas como gañadoras do premio á mellor poesía 2025

Santiago de Compostela,
02 de xuño
de 2026

O pasado sábado, 30 de maio, remataron as votacións para escoller os mellores poemas do ano 2025 na Galiza e Portugal. Foron 2.500 votos os que decidiron que “Un mar que soña”, de Andrea Nunes Brións, foi a Mellor Poesía do 2025 na Galiza e “Indigestão”, de Ana Gago, foi a Melhor Poesía de 2025 em Portugal. Os podios das dúas categorías completáronse con “V” de Elisabeth Oliveira e “A Incomunicación” de Andrea F. Maneiro para a Galiza; e “Trocar de água” de Daniel Jonas e “Música de Ninar no Buraco” de Pedro Pereira Lopes para Portugal.

2º posto Galiza
V, de Elisabeth Oliveira
2º posto Portugal
TROCAR DE ÁGUA, de Daniel Jonas
3º posto Galiza
A incomunicación, de Andrea F. Maneiro
3º posto Portugal
Música de Ninar no Buraco, de Pedro Pereira Lopes

"Será por Flores", e “MENINA” foron escollidas como Mellores Músicas do ano 2025

"Será por Flores", e “MENINA” foron escollidas como Mellores Músicas do ano 2025

Santiago de Compostela, 30 de marzo do 2026

Despois dun mes de votacións e máis de 5.000 participacións do público xeral, a gala aRi[t]mar da música e a poesía galego-portuguesas xa ten as súas cancións elixidas como Mellor Música do 2025 na Galiza e Melhor Música de 2025 em Portugal. Neste caso, os usuarios acordaron que Será por flores, de Uxía, foi a Mellor Música do 2025 na Galiza. Pola parte lusa, MENINA, de MAR en colaboración con Carolina Deslandes, foi elixida como Melhor Música de 2025 em Portugal.

Ámbalas dúas gañadoras, Uxía e MAR, recollerán o seu premio na gala aRi[t]mar 2026, que será celebrada este outono en Santiago de Compostela.

Mellor Canción Galega

Será por flores é proba da sensibilidade dunha Uxía a cuxas costas atopamos unha extensísima carreira que non a impide mostrarse incansábel. O público de aRi[t]mar elixiu como mellor música do ano na Galiza un tema no que a mosense exhibe a súa face máis achegada á canción de autor e á poesía, desenvolvendo a meirande parte do sinxelo con guitarras e unha voz limpa. O ton de Uxía, tan característico e cheo de matices, enche unha canción que mesmo ten certo aire crepuscular. Xa é unha das grandes cancións dunha das grandes voces da música galega contemporánea.

Mellor Canción Portuguesa

MENINA é o sinxelo máis exitoso e destacado do primeiro traballo de longa duración da algarvía MAR, que editou a canción en colaboración con Carolina Deslandes. Trátase dunha música que aúna electrónica, R&B contemporáneo e hip-hop para falar, utilizando unha historia atravesada pola violencia machista e vicaria, da necesidade de amar e ensinar a amarse e defenderse.

Mellor Canción portuguesa

MENINA é o sinxelo máis exitoso e destacado do primeiro traballo de longa duración da algarvía MAR, que editou a canción en colaboración con Carolina Deslandes. Trátase dunha música que aúna unha base electrónica con aires a R&B contemporáneo coas voces de MAR e Carolina Deslandes, nun tono máis cercano ó hip-hop. A canción fala, a través dunha historia en primeira persoa atravesada pola violencia machista e vicaria, da necesidade de amar e ensinar a amarse e defenderse.

2º posto Galiza
2º posto Portugal
Brinde (16h00) , de Carolina Deslandes
3º posto Galiza
Perdín a memoria , de MJ Pérez
3º posto Portugal
Respirar, de Calema
2º posto Galiza
Ai de Min, de Caamaño&Ameixeiras
2º posto Portugal
Sagitário, de Miguel Araújo
3º posto Galiza
Ardén , de Mondra
3º posto Portugal
Saia da Carolina, de Carolina Deslandes

premio especial do xurado á Embaixada da amizade galego-lusófona
© Foto: Xan Carballa

Xico de Carinho é merecente do premio especial do xurado á Embaixada da amizade galego-lusófona porque leva toda unha vida tendendo pontes de afecto, memoria e cultura entre a Galiza e Portugal. Na súa persoa conflúen a música, o compromiso e a fraternidade de quen entendeu sempre que dunha e doutra banda do Miño latexa unha mesma emoción colectiva. O seu labor é moito máis do que unha tarefa cultural, é un acto continuo de amizade verdadeira, de fidelidade á lingua, á memoria e aos soños compartillados.

PROMOVE

PATROCINA

newsletter

Mantente informado: aRi[t]mar galiza e portugal

    Desprazamento
    Bottom Reached
    GL