web/app para a
difusión da música e da poesía galega e portuguesa.
Ademais do contido propio audiovisual, a web inclúe letras, ligazóns e outros materiais gráficos que puidesen ser de interese para o visitante. A Rede da GaliLusofonia describe os 11 festivais que inclúe, indicando as datas do ano en curso en que se celebrará cada un deles.

MÚSICAS
POESÍA
VIDEOPOEMAS
REDE GALILUSOFONIA
O NOSO PROPIO
SERVIZO ONLINE PARA LER È ESCOITAR MÚSICA E POESIA GALEGAS E PORTUGUESAS
O NOSO PROPIO
SERVIZO ONLINE PARA LER È ESCOITAR MÚSICA E POESIA GALEGAS E PORTUGUESAS
Co obxectivo principal de promocionar a música e a poesía galega e portuguesa, moi especialmente entre a mocidade galega, desenvólvese unha web/app que serve de punto de encontro para músicos/as, poetas e público en xeral. A web aglutinará músicas e poesías dos diferentes artistas que, nalgunha das edicións do aRi[t]mar, foron gañadores ou optaron aos diferentes premios dentro de cada categoría. Tanto os finalistas como os que non chegaron a selo, teñen espazo en play.aritmar.gal.
Ademais do contido propio audiovisual, a web inclúe letras, ligazóns e outros materiais gráficos que puidesen ser de interese para o visitante. A Rede da GaliLusofonia describe os 11 festivais que inclúe, indicando as datas do ano en curso en que se celebrará cada un deles.
Sendo a estrutura moi parecida á dunha app, a web poderase consultar como calquera outra, é dicir, a través do navegador que o usuario utilice habitualmente.
DISPOSITIVOS
DESENROLO MODULAR E ADAPTABLE
Impleméntanse as diferentes categorías do menu principal, é dicir, ligazóns ás diferentes edicións, músicas, videopoemas, festivais da Rede de GaliLusofonia e a galería de todas as letras dos poemas finalistas das diferentes edicións do aRi[t]mar galiza e portugal. As persoas usuarias da web poderán acceder desde calquera dispositivo. A visualización será moi semellante á dunha app, sendo, polo contrario, unha versión web con todas as vantaxes e flexibilidadade que o sistema nos achega.
aRi[t]mar galiza e portugal fai parte da Rede da GaliLusofonia, “uma rede de entidades galegas e portuguesas, civis e públicas com os objetivos de juntar esforços, coordenar-se e cooperar na difusão de iniciativas encaminhadas a fomentar a nossa língua e cultura comuns no seu espaço natural, a Lusofonia, com grande potencial noutros campos como o económico e o institucional”.
newsletter
Mantente informado: aRi[t]mar galiza e portugal