aRi[t]mar celebrará unha reedición da súa gala 2023 en Portugal

Santiago de Compostela, 27 de marzo do 2024

O próximo 20 de abril, os premios aRi[t]mar da música e da poesía galego-portuguesas, chegarán á cidade lusa de Braga para celebrar unha nova edición da súa gala, no Auditório Espaço Vita, ás 21.30 horas.

Será a primeira vez que esta gala se realiza en Portugal, onde o evento aspira a ter continuidade. No país luso reside aproximadamente a metade do público que segue esta iniciativa.

A gala coincidirá coa clausura do Congreso Internacional de Estudos Galegos, que se celebra na cidade entre o 17 e o 20 de abril, e formará parte do seu programa social. O evento consistirá nunha reedición da gala 2023, en que as galegas Fillas de Cassandra e Arancha Nogueira, así como os portugueses Retimbrar, María Isabel Fidalgo e a Associação José Afonso foron galardoados. Ademais, contará coa colaboración especial da cantora, acordeonista e compositora Celina da Piedade.

A partir das 21H30

Entrega de premios e actuacións

20 de Abril
Auditório do Espaço Vita en
Braga

Entrada libre e gratuíta até completar a capacidade da sala

"Morena", e “Na Escola” foron escollidas como Mellores Músicas do ano 2023

Santiago de Compostela, 2 de abril do 2024

O pasado 27 de marzo pechou o proceso de votación mediante o cal o público da gala aRi[t]mar escolleu cales foron as Mellores Músicas do ano 2023 na Galiza e en Portugal. Nesta novena edición, o certame volveu bater a súa propia marca de participación cun total de 9850 votos, cifra que supón máis dun 40% de incremento con respecto á edición anterior.

Neste caso, o público de aRi[t]mar acordou que Morena, de De Ninghures, fose a Mellor Música do ano 2023 na Galiza. No caso do territorio luso, o tema elixido como Mellor Música do ano 2023 en Portugal é Na Escola, da banda coimbrán Os Quatro e Meia.

Mellor Canción Galega

O tema, estreado en outubro de 2023, alén de ser un dos máis bailables da banda, é boa mostra das confluencias que se dan nesta agrupación. Neste caso, as de tradición galega e as de electronic dance music. Noutros traballos, esta agrupación formada por, entre outros, músicos bergantiñáns, composteláns e fonsagradinos, tamén presenta influencias doutras tradicións musicais ibéricas, así como de sons magrebís ou latinoamericanos.

Mellor Canción Portuguesa

Agrupación formada por seis músicos que ten a súa orixe nunha xuntanza universitaria aló polo 2013. Practican unha música que poderiamos definir como pop-rock, con tendencia a cancións lentas e emotivas, alta presenza do piano e mais outros elementos como as seccións de corda.

Mellor Canción portuguesa

Agrupación formada por seis músicos que ten a súa orixe nunha xuntanza universitaria aló polo 2013. Practican unha música que poderiamos definir como pop-rock, con tendencia a cancións lentas e emotivas, alta presenza do piano e mais outros elementos como as seccións de corda.

2º posto Galiza
Ai de Min, de Caamaño&Ameixeiras
2º posto Portugal
Sagitário, de Miguel Araújo
3º posto Galiza
Ardén , de Mondra
3º posto Portugal
Saia da Carolina, de Carolina Deslandes

premio especial do xurado á Embaixada da amizade galego-lusófona

Sociedade Cultural e Desportiva do Condado

A Sociedade Cultural e Desportiva do Condado é unha entidade fundada en Salvaterra do Miño no ano 1973. Nada como organización no ámbito deportivo, logo comezou a dar sinais de vida no eido da cultura, promovendo actividades coma o famoso concerto que reuniu, no 1978, a Zeca Afonso, Vitórino e Fausto, con músicos locais.

PROMOVE

PATROCINA

COLABORA

newsletter

Mantente informado: aRi[t]mar galiza e portugal

    Desprazamento
    Bottom Reached
    GL