
Sociedade Cultural e Desportiva do Condado
Premio especial do xurado
A Sociedade Cultural e Desportiva do Condado é unha entidade fundada en Salvaterra do Miño no ano 1973. Nada como organización no ámbito deportivo, logo comezou a dar sinais de vida no eido da cultura, promovendo actividades coma o famoso concerto que reuniu, no 1978, a Zeca Afonso, Vitórino e Fausto, con músicos locais. Desde o 1981 celebra o Festival da Poesía do Condado, evento concibido como encontro de convivencia entre poetas da Galiza e doutras nacionalidades, entre elas as dos países lusófonos.