Slide É un proxecto didáctico cultural Que é o aRi[t]mar?

desenvolvido inicialmente pola
Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela,

pertencente á Xunta de Galicia, que ten por obxectivo divulgar a música e a poesía galego-portuguesas actuais, e achegar a cultura e a lingua dos dous países, no marco do desenvolvemento da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento do ensino do portugués e vínculos coa lusofonía.

desenvolvido inicialmente pola
Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela,

pertencente á Xunta de Galicia, que ten por obxectivo divulgar a música e a poesía galego-portuguesas actuais, e achegar a cultura e a lingua dos dous países, no marco do desenvolvemento da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento do ensino do portugués e vínculos coa lusofonía.

01

Mellor tema

MUSICAL GALEGO

02

MELLOR TEMA

MUSICAL PORTUGUÉS

03

MELLOR

POEMA GALEGO

04

MELLOR

POEMA PORTUGUÉS

Organizado polo Equipo
de Dinamización da Lingua Galega e os departamentos de galego e portugués do centro

Organizado polo Equipo
de Dinamización da Lingua Galega e os departamentos de galego e portugués do centro

Ao longo do ano lectivo traballamos de forma didáctica os textos e as músicas co noso alumnado e, posteriormente, escóllense mediante votación en liña as mellores cancións e poesías editadas en Galiza e Portugal o ano anterior.

Ao constatarmos que esta iniciativa estaba a ter moi boa acollida entre o noso alumnado e profesorado, mais tamén entre o público en xeral, quer de Portugal quer da Galiza, e contribuíndo a que os nosos estudantes aprendesen galego e portugués coa motivación engadida de traballaren tamén coa música e a poesía, a rima e o ritmo, decidimos compartilo e dirixilo cara a outros centros de ensino, nos que, ademais de galego, se ensine (en) portugués, ou onde a música e/ou literatura sexan un elemento central da oferta académica.

Así pois, alén das comunidades educativas e sociais da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, ​tamén ​participan e colaboran neste proxecto as da Facultade de Filolo​xi​a da USC,​ Conservat​o​rio Profe​sional de Música de Santiago de Compostela, Escola Oficial de Idiomas de Lugo, Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra, Centro Cultural Portugu​ê​s de Vigo-Instituto Camões, e os centros do Ensino Português a través de Camões na Galiza: IES Arcebispo Xelmirez I (Santiago de Compostela), IES Félix Muriel (Rianxo), IES de Valga, IES Valadares (Vigo), IES Politécnico (Vigo), IES A Sangriña (A Guarda), CEIP Mariñamansa (Ourense), CEIP Manuel Luís Acuña (Ourense), CEIP Oimbra e CEIP Princesa de España (Verín), e o Instituto de Ensino Secundario de Cacheiras (Teo).  Para alén, tense asinado un protocolo de colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e mais a Compañía da Radio e a Televisión de Galicia (CRTVG) que difunde a través dos seus medios os contidos audiovisuais do certame, en especial os temas musicais finalistas e gañadores correspondentes a Galiza e a Portugal.

Como se escollen as músicas e poesías gañadoras?

Ao comezo de cada ano, un xurado composto por alumnado e persoal docente e non docente da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, e por outras persoas pertencentes a diversas entidades e centros patrocinadores e colaboradores, escolle as 10+10 cancións e 10+10 poesías finalistas, da Galiza e de Portugal, de entre as propostas polo propio xurado. A seguir, o público, maioritariamente galego e portugués, a través do voto popular e mediante votación online na Internet, elixe as pezas gañadoras, que se dan a coñecer tras a finalización do proceso.

O certame aRi[t]mar galiza e portugal é singular posto que é o único no ámbito peninsular en que o público escolle e premia cancións e poemas (non álbums ou poemarios) galegas e portuguesas. Ademais, para que un/ha músico/a (ou grupo musical) ou poeta poda voltar a ser premiado/a máis dunha vez teñen que transcorrer polo menos 5 anos, a contar desde o ano seguinte ao no que resultou gañador/-a.

Premio especial do xurado á Embaixada da amizade galego-lusófona

Este premio, por medio de resolución directa do xurado, dase a coñecer ná véspera do simbólico 25 de abril portugués e pretende pór en destaque, dentro do proxecto aRi[t]mar galiza e portugal, aquela persoa, grupo de persoas, institución ou iniciativa que teñan contribuído a tender pontes de amizade e colaboración entre a Galiza e a Lusofonía, ben como a traballar pola cultura e a lingua comúns, o recoñecemento mutuo entre Galiza e a Lusofonía ou cun labor de reinserción da cultura galega nese seu verdadeiro espazo natural.

Auditorio de Galicia

Gala de entrega dos premios

Como colofón, en outubro celébrase unha Gala de entrega de premios con actuacións e intervencións das persoas galardoadas, no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, que conta co patrocinio da Xunta de Galicia, Educción, FP e Universidades, a Deputación Provincial da Coruña, o Concello de Santiago, o Instituto Camões e o Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal.

aRi[t]mar galiza e portugal e un proxecto da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, pertencente á Xunta de Galicia.

PATROCINA

COLABORA

aRi[t]mar galiza e portugal fai parte da Rede da GaliLusofonia, “uma rede de entidades galegas e portuguesas, civis e públicas com os objetivos de juntar esforços, coordenar-se e cooperar na difusão de iniciativas encaminhadas a fomentar a nossa língua e cultura comuns no seu espaço natural, a Lusofonia, com grande potencial noutros campos como o económico e o institucional”.

newsletter

Mantente informado: aRi[t]mar galiza e portugal

    Desprazamento
    Bottom Reached
    GL