Edición 2019

Nesta edición, os mellores temas musicais publicados en Galiza e en Portugal en 2018 son, respectivamente, "Que non mo neguen", das Tanxugueiras e "Efeito do Observador" dos Azeitonas. En poesía as gañadoras foron a galega Susana Aríns, polo poema “E isso é o amor”, e a portuguesa Marta Chaves, por "Fachada”. O premio especial do xurado á Embaixada da amizade galego-lusófona foi para Uxía.

Galería da Gala de entrega de premios. Santiago de Compostela

A partir das 21:00 H

Entrega de premios e actuacións

04 de decembro
Auditorio de Galicia
Santiago de Compostela

Entrada libre e gratuíta até completar a capacidade da sala

"Que non mo neguen", e “Efeito do Observador” foron escollidas como gañadoras do premio á mellor canción 2018

Santiago de Compostela,
21 de marzo
de 2019

Os perto de cinco mil votos do público emitidos no certame aRi[t]mar galiza e portugal promovido pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela determinaron que as e os gañadores polo mellor tema musical publicado en Galiza e en Portugal en 2018 son, respectivamente, as Tanxugueiras, con Quen non mo neguen e Os Azeitonas, con Efeito do Observador. Estes premios, xunto cos de poesía, e o do embaixada da amizade, entregaranse a artistas e poetas gañadores na Gala aRi[t]mar 2019.

Segundo explicou o director da Escola Oficial de Idiomas, Gonzalo Constenla, o certame voltou xerar moi boas expectativas e contou cunha alta participación popular.

Ademais das comunidades educativas e sociais da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, participaron tamén as da Facultade de Filoloxía da USC, Instituto de Línguas e Ciências Humanas da Universidade do Minho (Braga), Conservatorio Profesional de Música de Santiago, Escola Oficial de Idiomas de Lugo, Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra, Centro Cultural Portugués de Vigo-Instituto Camões e os centros do Ensino Português pelo Camões na Galiza e os Centros de Estudos Galegos de máis de 35 universidades do exterior, ben como centros de ensino secundario de fóra de Galiza en que se imparte galego.

Mellor Canción Galega

"Que non mo neguen"
de Tanxugueiras

Mellor Canción Portuguesa

Efeito do Observador
de Os Azeitonas

Mellor Canción portuguesa

"Efeito do Observador"
de Os Azeitonas

2º posto Galiza
Fronteiras, de Guadi Galego
2º posto Portugal
Quem me dera, de Mariza
3º posto Galiza
3º posto Portugal
Sem Palavras, de António Zambujo

"E isso é o amor", e “Fachada” foron escollidas como gañadoras do premio á mellor poesía 2018

Santiago de Compostela,
11 de maio
de 2019

A Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela acabou de fechar o proceso de votación dos poemas finalistas do certame aRi[t]mar galiza e portugal, onde os gañadores foron a galega Susana Sánchez Arins, polo poema “e isso é o amor” (Tu contas e eu conto, Através Editora, 2018), e a portuguesa Marta Chaves, por “FACHADA” (Varanda de Inverno, Assírio e Alvim, 2018).

Os poemas foron escollidos por votación popular online aberta a todo o público galego e portugués. Ademais das comunidades educativas e sociais da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, participaron tamén as da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, Instituto de Línguas e Ciências Humanas da Universidade do Minho (Braga), Escola Oficial de Idiomas de Lugo, Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra, Centro Cultural Portugués de Vigo- Instituto Camões e os centros do Ensino Português pelo Camões na Galiza, e os Centros de Estudos Galegos de máis de 35 universidades do exterior, ben como centros de ensino secundario de fóra de Galiza en que se imparte galego, e o público en xeral.

2º posto Galiza
Lista da compra da viúva, de Emma Pedreira
2º posto Portugal
3º posto Galiza
Polinizándome, de Andrea Nunes e María Rosendo
3º posto Portugal
Nómada, de José Luís Barreto Guimarães

premio especial do xurado á Embaixada da amizade galego-lusófona

A cantora Uxía

O xurado pon en destaque a Uxía como embaixadora e pioneira da amizade galego-lusófona por excelencia, con especial destaque no campo da música e que co seu traballo delongado leva aberto novos e múltiples camiños na restauración das pontes dos afectos e do recoñecemento mutuo entre Galiza e a Lusofonía, cun labor permanente de reinserción da cultura galega nese seu verdadeiro espazo natural.

PROMOVE

PATROCINA

COLABORA

newsletter

Mantente informado: aRi[t]mar galiza e portugal

    Desprazamento
    Bottom Reached
    GL