Edición 2025
Nesta edición, as vencedoras do Premio á Mellor Música do Ano na Galiza, Mondra; os vencedores do Premio á Mellor Música do Ano en Portugal, Diogo Piçarra e Pedro Abrunhosa.; a vencedora do Premio á Mellor Poesía do Ano na Galiza, Elba Pedrosa; e a vencedora do Premio á Mellor Poesía do Ano en Portugal, Cátia Cardoso; e o Municipio de Braga, distinguidas nesta ocasión co Premio Especial do Xurado á Embaixada da Amizade Galego-Lusófona.
A partir das 20:30H
fuso horario galego
Entrega de premios e actuacións
30 de outubroAuditorio de Galicia en Santiago de Compostela
Entrada libre e gratuíta até completar a capacidade da sala
"Quererse ben", e “Amor de Ferro” foron escollidas como Mellores Músicas do ano 2024
Santiago de Compostela, 31 de marzo do 2025
Con mais de 6.000 votos emitidos, o pasado 27 de marzo pechou o proceso de votación mediante o cal o público da gala aRi[t]mar escolleu cales foron as Mellores Músicas do ano 2024 na Galiza e en Portugal.
Neste caso, a xente acordou que Quererse ben, de Mondra, foi a Mellor Música do 2024 na Galiza. No ámbito do territorio luso, o tema elixido como Mellor Música do 2024 en Portugal é Amor de Ferro de Diogo Piçarra e Pedro Abrunhosa.
Tanto Mondra como Piçarra, que ademais do premio comparten o amor como tema central das cancións vencedoras, recollerán o premio e actuarán na gala aRi[t]mar 2025, que se realizará no mes de outubro en Santiago de Compostela.
Mellor Canción Galega
"Quererse ben"de Mondra
O artista, natural da parroquia de Recesende, no concello de Teo, é unha das frontes de batalla dunha das fusións musicais que con máis acerto se veñen dando no panorama musical galego dos últimos anos: a da música tradicional e estilos contemporáneos como a electrónica. Mais non é suficiente con esta suma de factores para definir o que supón un autor, músico, cantante e bailador que tamén brilla polo seu carácter reivindicativo, transgresor e ligado á defensa da súa identidade, falemos de galeguismo, de sexualidade disidente ou da Galicia rural. Mondra é un grande representante do que a canción galega significa neste ano 2025, e así o quixo gravar en pedra o público de aRi[t]mar outorgándolle o Premio á Mellor Música do 2024 por Quererse ben; esta canción, aínda escapando da raíz, si que representa parte do traballo do teense e supón un bo exemplo das diversas sonoridades do artista, que compón, neste caso, unha balada que fala do xeito de expresar o amor e os afectos.
Mellor Canción Portuguesa
"Amor de Ferro"de de Diogo Piçarra e Pedro Abrunhosa
O tema é froito da colaboración de dous xigantes da música portuguesa contemporánea, pertencentes a diferentes xeracións de autores. A canción, escrita por ambos mais composta por Diogo Piçarra, amosa o estilo deste último cun pop moderno que combina texturas electrónicas e outras máis orgánicas, como as do piano e a guitarra. A dozura do timbre de Piçarra contrasta coa gravidade de Abrunhosa na expresión, dura e dramática, dun amor que foi cousa de dous e agora xa só parece vivir na metade da laranxa.
Mellor Canción portuguesa
"Amor de Ferro"de de Diogo Piçarra e Pedro Abrunhosa
O tema é froito da colaboración de dous xigantes da música portuguesa contemporánea, pertencentes a diferentes xeracións de autores. A canción, escrita por ambos mais composta por Diogo Piçarra, amosa o estilo deste último cun pop moderno que combina texturas electrónicas e outras máis orgánicas, como as do piano e a guitarra. A dozura do timbre de Piçarra contrasta coa gravidade de Abrunhosa na expresión, dura e dramática, dun amor que foi cousa de dous e agora xa só parece vivir na metade da laranxa.
Barullo (ft. Felisa Segade) , de Baiuca
Menina Estás à Janela, de D.A.M.A.o
O Noso Tempo (Prod. Peter Petrowski) , de Hugo Guezeta
Deixou-me a mala no comboio, de Carolina Deslandes
"Onde imos agora", e “não sei voar mas tenho” foron escollidas como gañadoras do premio á mellor poesía 2024
Santiago de Compostela, 22 de maio de 2025
A votación popular da gala aRi[t]mar decidiu que o poema “Onde imos agora” (Des a mar, Edicóns Embora, 2024), de Elba Pedrosa, foi o mellor do ano 2024 na Galiza, e igualmente, “não sei voar mas tenho” (Matar os Dinossauros. Cordel d’ Prata, 2024), de Cátia Cardoso, foi o mellor poema do ano 2024 en Portugal. Ambos os dous podios complétanos, pola Galiza, María Lado con “Facer o mel” e Neves Rodríguez con “Descendo a rolos”; e no caso portugués, Ricardo Gil Soeiro con “Liçao de Eudemonia” e Filipa Leal con “Arreigada”.
Facer o mel, de María Lado
Lição de eudemonia, de Ricardo Gil Soeiro
Descendo a rolos, de Neves Rodríguez
ARREIGADA, de Filipa Leal


premio especial do xurado á Embaixada da amizade galego-lusófona
Município de Braga
O xurado do proxecto aRi[t]mar galiza e portugal, promovido pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, acaba de atribuír o Premio Especial do Xurado á Embaixada da Amizade Galego-Lusófona 2025 ao Município de Braga, en recoñecemento á súa destacada traxectoria de promoción do diálogo cultural entre Galiza e Portugal e de fortalecemento dos vínculos dentro do espazo común da lusofonía. Este galardón, que se fai público na véspera do simbólico 25 de abril portugués, destaca cada ano a contribución de persoas, entidades ou institucións que traballan activamente por aproximar a Galiza do mundo lusófono e viceversa, defendendo a cultura e a lingua como elementos de unión e identidade partillada.
Ai de Min, de Caamaño&Ameixeiras
Sagitário, de Miguel Araújo
Ardén , de Mondra
Saia da Carolina, de Carolina Deslandes

newsletter
Mantente informado: aRi[t]mar galiza e portugal