Será por Flores

UXÍA

Será por Flores

Bio

Uxía é unha das voces máis recoñecibles e indelebles da música galega contemporánea. Natural de Santa María de Sanguiñeda, no pontevedrés concello de Mos, a súa carreira abarca xa catro décadas como intérpete e compositora. En Uxía conviviron, conviven e han convivir sempre a música galega de raíz, a canción de autor e, sobre todo, unha sensibilidade aberta ás músicas do mundo e, especialmente, ás manifestacións culturais e artísticas da lusofonía. En virtude deste caracter aberto e integrador, destaca tamén no ámbito da colaboración e do impulso de iniciativas culturais de diversa índole.

Desprazamento
Bottom Reached
GL