27 de outubro | Cerimônia de premiação de gala e apresentações

Auditorio de Galicia | Compostela

Edición 2017

Nesta edición, o mellor tema musical publicado en Galiza e en Portugal en 2016 son, respectivamente, SES, con "A paz esquiva", e Quina do Bill, con "Faz ben falar de amor". En poesía os gañadores foron o galego Paco Souto, polo poema “Terradentro”, e a portugués Pedro Craveiro, por "Fui a Bruges esquecer um amor”. O premio especial do xurado á Embaixada da amizade galego-lusófona foi para Georgina Benrós de Mello.

A partir das 21:00 H

ENTREGA DE PRÉMIOS E ATUAÇÕES

31 de outubro
Teatro Principal de Santiago
de Compostela

Entrada livre e gratuíta até completar a capacidade da sala

Galería da Gala de entrega de premios. Santiago de Compostela

"A paz esquiva", e “Faz bem falar de amor” foron escollidas como gañadoras do premio á mellor canción 2017

Santiago de Compostela,
21 de Marzo
de 2017

Os votos recibidos no certame Ari[t]mar da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela determinaron que os gañadores polo mellor tema musical publicado en Galiza e en Portugal en 2016 son Sés (A paz esquiva de Oporse á extinción) e Quinta do Bill (Faz bem falar de amor, de “Todas as estações”). Estes premios, xunto cos de poesía, entregaranse nunha gala que se celebrará en outubro, onde actuarán os grupos gañadores.

Segundo explicou o director da Escola Oficial de Idiomas, Gonzalo Constenla, o certame xerou boas expectativas e contou cunha alta participación ao emitirse 5.043 votos no reconto total.

Ademais das comunidades educativas e socias da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, participaron tamén as da Facultade de Filoloxía da USC, Conservatorio Profesional de Música de Santiago, Escola Oficial de Idiomas de Lugo, Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra, Centro Cultural Portugués de Vigo-Instituto Camões e os centros do Ensino Português pelo Camões na Galiza: IES Arcebispo Xelmirez I (Santiago de Compostela), IES Félix Muriel (Rianxo), IES de Valga, IES Valadares (Vigo), IES Politécnico (VIgo), IES A Sangriña (A Guarda), CEIP Mariñamansa (Ourense), CEIP Manuel Luís Acuña (Ourense), CEIP Oimbra e CEIP Princesa de España (Verín), e o Instituto de Ensino Secundario de Cacheiras (Teo).

Mellor Canción Portuguesa

"Faz bem falar de amor"
de Quinta do Bill

Melhor cançao Portuguesa

"Faz bem falar de amor"
de Quinta do Bill

2º posto Galiza
Chove en Galiza, de Poetarras
2º posto Portugal
Corzinha De Verão, de Deolinda
3º posto Galiza
Ecuacións, de Xoán Curiel
3º posto Portugal
Meu amor de longe, de Raquel Tavares

"Terradentro", e “Fui a Bruges esquecer un amor” foron escollidas como gañadoras do premio á mellor poesía 2017

Santiago de Compostela,
21 de Maio
de 2017

A Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, institución docente pertencente á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, acabou de fechar o proceso de votación polo público dos poemas finalistas do certame aRi[t]mar galiza e portugal, onde os gañadores foron o galego Paco Souto, por “Terradentro” (Caín, Laiovento, 2016), e o portugués Pedro Craveiro, por “Fui a Bruges esquecer um amor” (Avenida Sul, 2016) cun rexistro total de máis de 2.000 votos populares.

2º posto Galiza
Parque, de Rosalía Fernández Rial
2º posto Portugal
3º posto Galiza
Parir un lugar, de Olalla Tuñas
3º posto Portugal
Penso em ti , de Alexandra Santos

Prémio especial do júri á embaixada da amizade galego-lusófona

Fran Pérez, Narf

O xurado acordou conceder este premio a Fran Pérez, Narf (Silleda, 1968), finado o 15 de novembro de 2016, motivado por ser un cantante e compositor galego dedicado a construír pontes de colaboración e afecto no ámbito lusófono. Narf deu o seu último recital nunha actuación conxunta coa banda mozambicana Timbila Muzimba, no festival Womex da capital galega. Obreiro da música, foi un dos grandes defensores e impulsores do achegamento musical entre Galiza e a lusofonía.

PROMOVE

Patrocinam

Colaboram

newsletter

Mantenha-se informado: aRi [t] mar galicia e portugal

    Desprazamento
    Bottom Reached
    PT