MAMÁ fala en linguaxes de documentos predeterminados

Arancha Nogueira

MAMÁ fala en linguaxes de documentos predeterminados

MAMÁ fala en linguaxes
de documentos predeterminados.

Pero eu sei que ten as mans na terra
e as unllas podres polos peixes.

A min cáenme as unllas a cachiños porque agora non hai xeito de arranxalas

e mamá prepara unha solución plástica
para quitar as cores que non son

as cores que preparei
o día antes de todo
(para ti)

e que nunca viches e chorei

e ocultei de mamá as bágoas como ela os ollos tristes.

Podemos vernos agochadas
pero debemos ser discretas como o medo.

Non colle un só descoido.

Antes,
Galaxia, 2022.

BIO

Natural de Ourense e licenciada en Xornalismo, Arancha Nogueira é unha das voces máis representativas dentro do que podemos chamar poesía millennial galega. Escribe versos achegados a unha realidade coa que, segundo opina, a poesía nunca debe perder o contacto. Publicou en diversas antoloxías, revistas literarias e fanzines. Antese, o poemario que contén a poesía gañadora do premio á Mellor Poesía do Ano na Galiza, é a súa novena obra poética en solitario.

Desprazamento
Bottom Reached
GL