Edición 2024

Nesta edición, as vencedoras do Premio á Mellor Música do Ano na Galiza, Ninghures; os vencedores do Premio á Mellor Música do Ano en Portugal, Os Quatro e Meia; a vencedora do Premio á Mellor Poesía do Ano na Galiza, Silvia Penas; e a vencedora do Premio á Mellor Poesía do Ano en Portugal, Sílvia Mota Lopes; e os representantes da Sociedade Cultural e Desportiva do Condado, distinguidas nesta ocasión co Premio Especial do Xurado á Embaixada da Amizade Galego-Lusófona.

"Morena", e “Na Escola” foron escollidas como Mellores Músicas do ano 2023

Santiago de Compostela, 2 de abril do 2024

O pasado 27 de marzo pechou o proceso de votación mediante o cal o público da gala aRi[t]mar escolleu cales foron as Mellores Músicas do ano 2023 na Galiza e en Portugal. Nesta novena edición, o certame volveu bater a súa propia marca de participación cun total de 9850 votos, cifra que supón máis dun 40% de incremento con respecto á edición anterior.

Neste caso, o público de aRi[t]mar acordou que Morena, de De Ninghures, fose a Mellor Música do ano 2023 na Galiza. No caso do territorio luso, o tema elixido como Mellor Música do ano 2023 en Portugal é Na Escola, da banda coimbrán Os Quatro e Meia.

Mellor Canción Galega

O tema, estreado en outubro de 2023, alén de ser un dos máis bailables da banda, é boa mostra das confluencias que se dan nesta agrupación. Neste caso, as de tradición galega e as de electronic dance music. Noutros traballos, esta agrupación formada por, entre outros, músicos bergantiñáns, composteláns e fonsagradinos, tamén presenta influencias doutras tradicións musicais ibéricas, así como de sons magrebís ou latinoamericanos.

Mellor Canción Portuguesa

Agrupación formada por seis músicos que ten a súa orixe nunha xuntanza universitaria aló polo 2013. Practican unha música que poderiamos definir como pop-rock, con tendencia a cancións lentas e emotivas, alta presenza do piano e mais outros elementos como as seccións de corda.

Mellor Canción portuguesa

Agrupación formada por seis músicos que ten a súa orixe nunha xuntanza universitaria aló polo 2013. Practican unha música que poderiamos definir como pop-rock, con tendencia a cancións lentas e emotivas, alta presenza do piano e mais outros elementos como as seccións de corda.

2º posto Galiza
Ai de Min, de Caamaño&Ameixeiras
2º posto Portugal
Sagitário, de Miguel Araújo
3º posto Galiza
Ardén , de Mondra
3º posto Portugal
Saia da Carolina, de Carolina Deslandes

"CANTO SEGUNDO PARA UN FILLO NO NADO", e “Há mulheres que trazem...” foron escollidas como gañadoras do premio á mellor poesía 2023

Santiago de Compostela,
15 de maio
de 2024

Despois de máis dun mes de votacións, o público da gala aRi[t]mar decidiu que o poema “CANTO SEGUNDO PARA UN FILLO NO NADO” da viguesa Silvia Penas, foi a Mellor Poesía do Ano 2023 na Galiza. Do mesmo xeito, “Há mulheres que trazem…”, da poeta bracarense Sílvia Mota Lopes, foi elixida Mellor Poesía do Ano 2023 en Portugal.

Foi a través de máis de 4.000 votos que o público de aRi[t]mar acordou galardonar a estas poetas. No caso galego, por detrás de Penas situáronse os poemas “Declara a dor”, de Chus Pato; e “entra o sol cheirar a casa”, de Celso Fernández Sanmartín. En Portugal, a Mota Lopes seguírona “A arte do roubo ás escuras”, de Joana M. Lopes, e “muda de lugar…” de César Pires.

2º posto Galiza
Declara a dor, de Chus Pato
2º posto Portugal
A arte do roubo ás escuras, de Joana M. Lopes
3º posto Galiza
entra o sol cheirar a casa, de Celso Fernández Sanmartín
3º posto Portugal
muda de lugar..., de César Pires

premio especial do xurado á Embaixada da amizade galego-lusófona

Sociedade Cultural e Desportiva do Condado

A Sociedade Cultural e Desportiva do Condado é unha entidade fundada en Salvaterra do Miño no ano 1973. Nada como organización no ámbito deportivo, logo comezou a dar sinais de vida no eido da cultura, promovendo actividades coma o famoso concerto que reuniu, no 1978, a Zeca Afonso, Vitórino e Fausto, con músicos locais.

PROMOVE

PATROCINA

COLABORA

newsletter

Mantente informado: aRi[t]mar galiza e portugal

    Desprazamento
    Bottom Reached
    GL