Celso Fernández
entra o sol cheirar a casa
entra o sol cheirar a casa
coma o sabuxo cando se encontra coas paredes
ladran os cas
e estoume na cama
anotaba miña avoa Carmen as súas preocupaciós
a súa vida nun libro brillante
oral
puído de sucesos
que eran de lume, servizo, misterios, camiños e tratos a súa ética non entendía a vida despreocupada
e ata cando xa non daba, vía madurar o traballo
A cousa eterna