2024Comezan as votacións para escoller a Mellor Poesía do Ano 2023 na Galiza e en Portugal

Comezan as votacións para escoller a Mellor Poesía do Ano 2023 na Galiza e en Portugal

O xurado de aRi[t]mar vén de preseleccionar as poesías galegas e portuguesas que loitarán por ser recoñecidas como as mellores do pasado 2023. Son 10 poesías de cada país as que optan a ser elixidas polo público como Mellor Poesía do Ano na Galiza e Mellor Poesía do Ano en Portugal. Ditas votacións comezarán este venres, 12 de abril, ás 11.00 horas segundo o fuso horario galego, e poderanse acometer a través da páxina web aritmar.gal. O proceso permanecerá aberto ata o día 13 de maio.

As pezas finalistas para o premio a Mellor Poesía do 2023 na Galiza, son: Toco a túa vida na miña boca, de Ángel Suanzes; Sopras un dente de león cos labios moi xuntos, de Carlos Negro e Raquel Senra; (ESTA CASA DURMIDA), de Carlos Penela; entra o sol cheirar a casa, de Celso Fernández Sanmartín; Declara a dor, de Chus Pato; CRÓNICA, de Helena de Carlos; Pilara da Fraga, de Lupe Gómez; a viaxe é por dentro, de O Leo; CANTO SEGUNDO PARA UN FILLO NON NADO, de Silvia Penas; e NÓMADAS, de Xaquín Núñez e Ana Cea.

Por outra banda, as pezas finalistas para o premio a Mellor Poesía do 2023 en Portugal, son: O MAR, de Ana Marques Gastão; muda de lugar…, de César Pires; XIX, de Graça Magalhães; Habito a planície, de Helga Moreira; A arte do roubo às escuras, de Joana M. Lopes; XXXV – DESOLADA A CIDADE POPULOSA, de Jorge Vaz de Carvalho; NATUREZA, de Kay Pina; OS CONQUISTADORES: UM SONHO, de Paulo Tavares; XXIII, de Rita Tormenta; e Há mulheres que trazem…, de Sílvia Mota Lopes.

GL