2022Nace play.aritmar, o noso propio servizo online para ler è escoitar música e poesia galegas e portuguesas

Nace play.aritmar, o noso propio servizo online para ler è escoitar música e poesia galegas e portuguesas

Os premios aRi[t]mar da música e a poesía galego-portuguesas veñen de presentar a súa propia plataforma de contidos online: play.aritmar.gal. Trátase dunha aplicación web ou web/app na que conflúen artistas musicais e poetas vencedoras e nomeadas aos premios aRi[t]mar desde que estes botaran a andar aló polo ano 2016.

Co obxectivo principal de promocionar a música e a poesía galega e portuguesa, moi especialmente entre a mocidade galega, desenvólvese unha web/app que serve de punto de encontro para músicos/as, poetas e público en xeral.

O servizo conta con máis dun cento de cancións e poesías, accesibles a través de vídeos musicais e vídeopoemas, aos que se suman versións escritas das poesías, así como letras das cancións e máis material que tenta enriquecer a experiencia de uso.

As persoas usuarias poderedes acceder a todos estes contidos a través dun navegador calquera desde o dispositivo que desexedes. A plataforma conta cunha estrutura semellante á dunha aplicación móbil, facilitando a navegación entre contidos e a súa usabilidade.

play.aritmar.gal está optimizada para o seu uso desde diferentes terminais como smartphones ou ordenadores.

Inclúe A Rede da GaliLusofonia que describe os 11 festivais que inclúe, indicando as datas do ano en curso en que se celebrará cada un deles. Sendo a estrutura moi parecida á dunha app, a web poderase consultar como calquera outra, é dicir, a través do navegador que o usuario utilice habitualmente.

GL