Andorinhas

Ana Moura

Andorinhas

BIO

A fadista máis exitosa do presente século, Ana Moura, botou a andar tras romper coa súa casa discográfica e comezar a crear e producir música dun xeito máis diverso e independente. “Andorinhas” é boa mostra desta nova senda, basculando entre unha voz sentida de fadista e unha envolvente musical que, sen deixar de recordar á música nacional lusa, tamén se achega a ritmos contemporáneos coma o da electrónica. O tema ten sido definido por fontes achegadas á artista santarena como “símbolo da liberdade e a emancipación, da creatividade en estado puro”, o que sen dúbida marca un punto de inflexión na carreira dunha figura que ten superado o millón de ventas a nivel mundial.

Desprazamento
Bottom Reached
PT