Xa temos as poesías finalistas de galiza e de portugal 2021
Con “Peixe” e “Andorinhas” xa escollidas como mellores músicas do ano na Galiza e en Portugal, o certame aRitmar busca agora as que serán elixidas como mellores poesías do pasado 2021.
Despois de preto dun mes de deliberación, o xurado do certame vén de escoller as poesías finalistas. Son 10 pezas galegas e 10 pezas portuguesas cuxo nome verá a luz este martes, 19 de abril, ao tempo que se abrirán as votacións para que o público poida, desde a web de aRitmar, elixir as mellores poesías do ano.
As poesías finalistas desta edición son as galegas: Un coro (Carlos Callón), O acivro e o cristal (Daniel Salgado), Couza (Inma Doval Porto), Anatomía dun home-peixe (Jorge Rodríguez Durán), REXISTRO CIVIL (Luís Rei Nuñez) MAI (Manuel Rivas), A PARELLA de lavancos… (Marta Dacosta Alonso), ASULAGADAS (Suso Díaz), 9 Medrei na arela desa pantasma (Teresa Ríos Noya), Anorak de pel de caribú (VV AA_Lúa Mosquetera) e as portuguesas: Ana Luísa Amaral (A mesa), Cecília Barreira (E se), Diogo Costa Leal (O poeta escreve), José Tolentino de Mendonça (O conhecimento da flor), Lídia Borges (Aos versos quero-os claros como auroras), Margarida Vale de Gato (Feira da ladra), Pedro Eiras (Errei, como toda a gente), Raquel Serejo Martins (Comprar um móvel com muitas gavetas), Sérgio Godinho (A cada degrau) e Wilma Vieira (E se eu fosse eu?).
Todas as persoas que quixeren participar poden votar a través da web do aRi[t]mar dende as 16:00 h do 19 de abril até ás 23:59 h do día 16 de maio, e participarán posteriormente nun sorteo dun lote de libros.
Ari[t]mar é um proxecto didáctico e cultural da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, pertencente à Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galiza, e que ten por obxectivo divulgar a música e a poesía galego-portuguesa actuais e achegar a cultura e a lingua dos dous países, no marco da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento do ensino do portugués e vínculos coa lusofonía.