2019Uxía, premio especial aRi[t]mar da EOI de Compostela

Uxía, premio especial aRi[t]mar da EOI de Compostela

O xurado do certame aRi[t]mar da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela decidiu conceder o Premio aRi[t]mar especial do xurado “Embaixada da amizade galego-lusófona” á Uxía por ser “embaixadora e pioneira da amizade galego-lusófona por excelencia, con especial destaque no campo da música e que co seu traballo delongado leva aberto novos e múltiples camiños na restauración das pontes dos afectos e do recoñecemento mutuo entre Galiza e a Lusofonía, cun labor permanente de reinserción da cultura galega nese seu verdadeiro espazo natural”.

Un premio ao abeiro da Lei Paz Andrade

O galardón pretende salientar, dentro do proxecto aRi[t]mar galiza e portugal, aquela persoa, grupo de persoas, institución ou iniciativa que teñan contribuído á divulgación da música e da poesía galego-portuguesa actuais, para achegar a cultura e a lingua dos dous países. A iniciativa procura visibilizar e traballar a Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento do ensino do portugués e os vínculos coa Lusofonía.

GL