2024Silvia Penas e Sílvia Mota Lopes son as vencedoras dos premios a Mellor Poesía do Ano na Galiza e Mellor Poesía do Ano en Portugal

Silvia Penas e Sílvia Mota Lopes son as vencedoras dos premios a Mellor Poesía do Ano na Galiza e Mellor Poesía do Ano en Portugal

Despois de máis dun mes de votacións, o público da gala aRi[t]mar decidiu que o poema “CANTO SEGUNDO PARA UN FILLO NO NADO” da viguesa Silvia Penas, foi a Mellor Poesía do Ano 2023 na Galiza. Do mesmo xeito, “Há mulheres que trazem…”, da poeta bracarense Sílvia Mota Lopes, foi elixida Mellor Poesía do Ano 2023 en Portugal.

Foi a través de máis de 4.000 votos que o público de aRi[t]mar acordou galardonar a estas poetas. No caso galego, por detrás de Penas situáronse os poemas “Declara a dor”, de Chus Pato; e “entra o sol cheirar a casa”, de Celso Fernández Sanmartín. En Portugal, a Mota Lopes seguírona “A arte do roubo ás escuras”, de Joana M. Lopes, e “muda de lugar…” de César Pires

GL