2018Salvador Sobral, A Banda da Loba, Alexandre Brea, Lois Pérez e Convergências Portugal–Galiza, protagonistas da Gala aRi[t]mar 2018

Salvador Sobral, A Banda da Loba, Alexandre Brea, Lois Pérez e Convergências Portugal–Galiza, protagonistas da Gala aRi[t]mar 2018

A Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela acolleu a presentación da III Gala aRi[t]mar que se celebrará o mércores 31 de outubro no Auditorio de Galicia e que contará coa participación de artistas e entidades gañadoras: Salvador Sobral, A Banda da Loba, Alexandre Brea, Lois Pérez e Convergências Portugal–Galicia.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, destacou os vínculos coa lusofonía que promove Convergências para reforzar a presenza de Galicia en Portugal, “a ilusión” que transmiten a “A Banda da Loba”, Alexandre Brea e Lois Pérez, ademais de Salvador Sobral “que alcanzou uns índices de popularidade moi elevados”. Sinalou tamén a colaboración das distintas entidades e a proxección da lingua galega para reforzar os vínculos coa lusofonía, “unha das causas fundacionais deste certame”.

Prensa
GL