
Elisabeth Oliveira
V
Ponte aquí,
senta ben.
ergue o corpo
pecha as pernas,
que pareces un home.
Sorri,
fala baixo,
non rías así,
dálle dous bicos,
non miresasí
que pareces unha fulana.
Métete na casa,
xoga con bonecas,
deixa de darlle ao balón
non creas ser igual
por levar un pantalón,
que pareces un neno.
Mira como se fai isto,
para que serve un ferro,
comos e guisa carne dura,
como se mastiga a agonia,
boca pecha, en silencio,
que pareces unha tola.
Aprende cousas útiles:
os prodixios do vinagre,
non desexar horizontes
diferentes dos meus,
para os que non nacemos,
que pareces soberbia.
Pasou deobedecer
como ovella ao can pastor
a calcular – sen deixar de sorrir-
onde poñer as bombas
para derruír todos os teitos,
tamén os de cristal.
As ningúen
Belagua
