Andrea Nunes Brión “Un mar que soña”

Andrea Nunes Brión

Un mar que soña

…pero dormir bien podría despertarla.
CLÉMENCE NICOLLE

 

Hai un mar que soña con mulleres que soñan con baleas.
No seu soño oceánico latexan
ondas que xorden con violencia
desde as simas máis escuras.
que logo emerxen doces e cálidas,
para acariñar en todas as praias,
os pés da muller que soña.

Hai un océano que soña que se transforma
en balea boreal na aurora.
E nalgún punto do universo,
os dous soños:o da muller e o do mar,
atopanse.

Sucede asi a noite,
econ ela, aforza das mareas
onde balea e muller naufragan
e crébanse*
(durante un día, tal vez unha semana, quen sabe se un ano)
unha a outra.
Abre os ollos o mar e a muller navega.

Desde adistancia,
os soños míranse nostálxicos
e pensan:
seremos mañá tría, luz escura
ou indicarán camiños as pegadas?

*As crebas (en galego) son os restos dos naufraxios ou de cargas debuques que o mar arrastra ate a beira da praia. Andar ás crebas, é candose recollen
eses restos. Aquí crebarse reformúlase como verbo derivado do substantivo creba: obxecto dun naufraxio que chega ácosta eérecollido (andar ás crebas).

Mapa da estría
Chan da Pólvora

BIO

Para além de poeta e ensaísta, Andrea Nunes Brións é uma ativista feminista. A sua obra tem desenvolvido uma reflexão profunda sobre a identidade, o corpo e o género, e já contribuiu para mais de 20 obras coletivas, para além das que publicou em nome próprio. Natural de Marín, foi galardoada com vários prémios nas áreas da poesia e do ensaio, como o Premio Follas Novas. «Mapa da estría» é o seu quinto livro de poesia.

Desprazamento
Bottom Reached
PT