![](https://aritmar.gal/wp-content/uploads/2021/12/Aritmar-martaCostaTerceroGalicia2018.jpg)
Marta da Costa
Tira a roupa
TIRA a roupa
mostra o corpo
as cicatrices delatoras
ergue o brazo, deixa
que a axila mostre
que te roeu o veleno
até desfigurarte
non ocultes o ventre
a liña que o cruza e que nos conta
que o parto foi difícil
mostra o corpo
tira a roupa
e deixa que as cicatrices
nos conten esa historia
a túa historia
que deixen claro
que venciches
Na casa da avoa.
Galaxia, 2017.