
Elba Pedrosa
Lição de eudemonia
Que facer?
Lição de eudemonia
que estouparon as bombas?
Agora que o lume botou a perder
o frescor dos montes,
o arrecendo das flores.
O silencio apropiouse do tránsito
e da ledicia das avenidas dos nosos paseos, que
se alongan até nunca rematar.
Lição de eudemonia
que o sangue percorreu a contorna dos corpos?
Inertes.
Abatidos entre os cascallos dos que un día foron os seus fogares. Ciscados na frialdade do esquecemento.
O odio deixou pegadas do horror
nos rostros esbrancuxados dos mortos.
Cara a onde imos na vida agora
que todo cheira a dor?
Os tiros remataron cos degoiros do noso futuro soñado.
As palabras esparexidas nunha pulsión ilóxica das ilusións.
A xenreira dos soldados aínda zumega nas igrexas e nas almas, incomodando para sempre no balado solleiro
do mosteiro que mira o mar.
Cara a onde imos agora
que non aprendemos nada? Nada de nada.
Nada de todo.
Onde marchamos?
Dime que o pasado non pagou a pena.
Que o horror non sacou proveito de tanto desatino. Que o
mar parou, calou,
e s v a e c e u s e
Onde imos parar?
Onde,
que as lembranzas deixaron na nosa memoria pingas de
pólvora usada.
Des a mar
BIO
Além de poeta e escritora, apresentadora de televisão, atriz e jornalista, Elba Pedrosa trabalha como consultora e formadora em criatividade e oratória para instituições públicas e privadas. Antes de Des a mar, publicou O que non sabías e participou no livro coletivo Relatos na Rúa II.
