No medio desta paisaxe

Tamara Andrés

No medio desta paisaxe

No medio desta paisaxe
(a paisaxe sempre entrega osíxeno
mais cómpre non identificala unicamente co bosque)

hai unha muller que escorza
a cadeira cara atrás.
As nádegas exhiben a carne.
A cintura quebrada exhala a propia
sedución.

Así é como nos parimos a nós mesmas.
Así é como se aprende o amor.

No medio desta paisaxe
a muller cabalo
é tan bonita
que sorrí.

Bosque Vermello.
Positivas, 2019.

Desprazamento
Bottom Reached
PT