Maçãzinha (feat. Uxía)

Retimbrar

Maçãzinha (feat. Uxía)

BIO

Na cidade do Porto, un grupo de oito músicos leva desde o ano 2008 practicando algo chamado TugaBeat. Eles son Retimbrar, e o mentado TugaBeat é a súa música, unha na que importa a percusión, a música tradicional lusa e traer ao presente todo o que xa estaba no pasado. A súa vocación de mistura levounos a xogar con decenas de xéneros musicais, sempre desde a súa perspectiva baseada na percusión tradicional lusa. En “Maçãzinha”, a novena persoa en cuestión é Uxía, traballadora incansable en prol da renovación do folclore a tradición musical galega, e neste caso unha vez máis, en dotar de novos azos ás colaboración culturais galego-lusófonas.

Desprazamento
Bottom Reached
PT