II. LISÍSTRATA (varre vasoira)

Fillas de Cassandra

II. LISÍSTRATA (varre vasoira)

BIO

Na Antiga Grecia danse a man a música tradicional galega, a electrónica, o trap e o compromiso feminista, entre outros elementos. Ou polo menos iso ocorre na Acrópole das Fillas de Cassandra. María Pérez e Sara Faro conforman este dúo que vén dar unha nova e forte puntada na escena musical galega, colleitando na súa, polo de agora, curta traxectoria, un medre de popularidade exponencial. II. LISÍSTRATA (varre vasoira) é o segundo corte do primeiro traballo das artistas viguesas, un álbum conceptual no que a reivindicación se tingue, non só de fortes ritmos e ambientais sonoridades electrónicas, tamén dunha potencia escénica sen igual no panorama actual.

Desprazamento
Bottom Reached
PT