Dezaseis

Maria Lado

Dezaseis

un día, has soltar as nosas mans coma cabos.

eu serei vella nesa hora de repente
restarame só á miña antiga casa, os altos
e protectores valados da nosa herdade,
a vella pampona da luz zunindo
no teito da cociña
deitando sombras aterradas sobre as corredoiras crechas,
brancas, por veces agrisadas
que cobren o rostro da miña nai
-ollos baixos, labios cosidos polos anos
e o cansazo-
e eu volverei a ela,
serei, coma ela,
pasado.

Oso, mamá, si?.

Desprazamento
Bottom Reached
PT