Descendo a rolos

Neves Rodríguez

Descendo a rolos

DESCENDO a rolos
as escadas que me levan á túa indiferenza
batendo contra portas que non se dan aberto.
Estou cansa de afociñar sempre contra o nada.

Prefiro unha pedra.

Tento compoñer un sorriso,
mais aquí, dentro, non son quen.
As comisuras dos meus beizos
están soterradas
alá fora
na túa frialdade,
esa á que chego a rolos #mecagonodeusquetefixo

Ás veces
gustaríame
ver medo nos teus ollos.
Medo a levares unha hostia
aínda que non chegase.
Ou si.
As hostias cárgaas o demo
e eu nacín para facer mal,
dese que non se sente chegar.

 

SEI que arderei no inferno
se houber lume.

Cuspindo miserias

Desprazamento
Bottom Reached
PT