Quase Dança

Cláudia Pascoal

Quase Dança

BIO

Cláudia Pascoal (Gondomar, PT, 1994) é unha cantautora portuguesa nada en São Pedro da Cova, Gondomar.

Nos últimos anos xurdiu no panorama musical e televisivo nacional a través da participación en concursos musicais. Foi especialmente coñecida por representar a Portugal en Eurovisión en 2018 co tema “O Jardim” (xunto a Isaura).

En marzo de 2019 editou o seu primeiro sinxelo “Ter e não ter”, debutando na composición. Esta sería a primeira mostra de !, o disco de debut de Cláudia Pascoal. A produción do álbum estivo a cargo de Tiago Bettencourt.

Nun comunicado, a cantante di que quere “facer algo diferente” con este primeiro disco: “Quero crear un ambiente novo, pero para todos. Este é o meu desexo” . En ! tamén se daban a coñecer os sinxelos “Viver”, a dúo con Samuel Úria, “Espalha Brasas”, “Quase Dança” e “Tanto Faz”. “Quase Dança” contou coa axuda da familia de Cláudia Pascoal nun brillante vídeo, feito por ela mesma. Esta é a canción gañadora.

Cláudia Pascoal foi recentemente nomeada como “Artista Revelación” nos Premios Play – Premios da Música Portuguesa.

Desprazamento
Bottom Reached
GL