Uxía

Premio especial do xurado

Segundo o xurado, Uxía é a embaixadora e pioneira da amizade galego- lusófona por excelencia, con especial destaque no campo da música e que co seu traballo delongado leva aberto novos e múltiples camiños na restauración das pontes dos afectos e do recoñecemento mutuo entre Galiza e a Lusofonía, cun labor permanente de reinserción da cultura galega nese seu verdadeiro espazo natural.

Resolución

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2019.- O xurado do certame aRi[t]mar da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela decidiu conceder o Premio aRi[t]mar especial do xurado “Embaixada da Amizade galego-lusófona” á cantora galega Uxía.

A resolución do xurado, dada a coñecer no simbólico 25 de abril portugués, pretende pór en destaque, dentro do proxecto aRi[t]mar galiza e portugal, aquela persoa, grupo de persoas, institución ou iniciativa que teñan contribuído á divulgación da música e da poesía galego-portuguesa actuais, para achegar a cultura e a lingua dos dous países, ao abeiro da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento do ensino do portugués e os vínculos coa Lusofonía, e teña tendido pontes de amizade entre os pobos lusófonos.

Segundo o xurado, Uxía é a embaixadora e pioneira da amizade galego- lusófona por excelencia, con especial destaque no campo da música e que co seu traballo delongado leva aberto novos e múltiples camiños na restauración das pontes dos afectos e do recoñecemento mutuo entre Galiza e a Lusofonía, cun labor permanente de reinserción da cultura galega nese seu verdadeiro espazo natural.

Bio

Uxía é considerada a grande dama da música galega e unha das maiores divulgadoras da súa poesía. Nos seus máis de 30 anos de carreira artística, renovou a música tradicional galega conectándoa coas culturas atlánticas.

Publicou 12 discos, polos que recebeu importantes recoñecementos, entre os que destacan o Premio da Crítica Galicia 2016 ou o Premio a Mellor álbum de música de raíz nos Premios de la música independiente de España por Meu canto, seleccionado tamén como Top of the World pola revista británica Songlines. Entre outros proxectos, é a directora artística e alma mater do Festival internacional da Lusofonía, Cantos na maré. Tamén compón ou intervén na banda sonora orixinal de diversos proxectos audiovisuais, e desde o ano 2000 é crítica musical do Diario cultural da Radio Galega.

Algunhas das constantes que se poden recoñecer na súa carreira musical son o diálogo entre culturas, a defensa da identidade lingüística, a mestizaxe e a procura dun espacio para a voz da muller. Ao longo da súa traxectoria dirixe numerosos espectáculos protagonizados por mulleres, como Son delas e Sete sereas, e participa en concertos como Mulleres a viva voz, ou no especial de televisión As últimas prima donnas do Canal cultural europeo ARTE. Entre os espectáculos plurais destacan Música per a l’Exili (Barcelona), Ida e volta (Bélxica), Sons da fala ou Sons da Lusofonia (Portugal), e La tierra del agua (Galiza).

Segundo o xurado dos premios aRi[t]mar galiza e portugal, Uxía é a embaixadora e pioneira da amizade galego-lusófona por excelencia, con especial destaque no campo da música, e co seu traballo delongado leva aberto novos e múltiples camiños na restauración das pontes dos afectos e do recoñecemento mutuo entre Galiza e a Lusofonía, cun labor permanente de reinserción da cultura galega nese seu verdadeiro espazo natural.

Desprazamento
Bottom Reached
GL