Polinizándome

ANDREA NUNES BRIÓNS & MARÍA ROSENDO PRIEGO

Polinizándome

o peixe sabe de augas amor se callar inconsciente
igual que nós sabemos de marés que rebentan diques
de amores diversos e redondos que non calan
de palabras que arrecenden a primavera e a desexo

igual que nós baixo un ceo grisallento ou ​azul clarito
sabéndonos a bocados a planicies a urxencias

ben sei que as carqueixas estralan ao arderen
como eu coas túas palabras a me queimar enteira
aínda que busque incansable a chorima crecendo do teu ventre
e só encontre peonias e bambú
(após tanto crisantemo)

agora levo o cheiro da artemisa
e raíces de ​ginseng​ na miña pel
e quédanos só
o tempo das carqueixas florecendo
e un día despois estarei chegando eu
abríndome en flor
polinizándome
ao abeiro do teu discorrer amor
do noso florecer

Diáspora do amor balea.

Desprazamento
Bottom Reached
GL