Baia Fernández de la Torre
Engano
Sementei ventos de area
e o mar non soubo resistirse
aos meus encantos.
Provoquei as treboadas
que naufragan mariñeiros
e invoquei a lúa
fuxindo das mareas.
Mais o medo salgado
que me invade a pel
entroume nos ósos
minguando o engano
e amosoume o que somos.
Partículas de po
á espera dun sopro,
dun airiño que nos mova
de onde estamos,
para non rematar sendo
un monte de lixo.
Unha viaxe de ruminantes.
Autoedición, 2015, páx. 63.