O venres 22 de novembro celebraremos a gala aRi[t]mar 2024!
A gran festa da música e a poesía galegas e portuguesas volta a Santiago de Compostela este venres 22 de novembro. Será ás 20.30 horas (fuso horario galego), con entrada libre ata completar a capacidade máxima da sala.
Na velada, acompañarannos as bandas gañadoras dos premios ás mellores músicas do pasado ano na Galiza e Portugal: De Ninghures e Os Quatro e Meia; as vencedoras dos premios ás mellores poesías do pasado ano tamén nos dous países: a viguesa Silvia Penas e a bracarense Sílvia Mota Lopes; e unha representación da Sociedade Cultural e Desportiva do Condado, asociación gañadora do Premio Especial do Xurado á Embaixada da Amizade Galego-lusófona.
Vémonos na gala!