2022Xa temos as músicas finalistas de galiza e de portugal 2021

Xa temos as músicas finalistas de galiza e de portugal 2021

O certame aRi[t]mar da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela abre o proceso de votación despois do xurado ter seleccionado as dez músicas portuguesas e galegas nomeadas.

As músicas finalistas desta edición son as galegas: Luar (Baiuca – feat. Lilaina), O Samil é Portugal (Os Vacalouras mais Quim Barreiros), Maneo de Caión (Shelia Patricia), Maneo de Cambre (Caamaño&Ameixeiras – feat. Sílvia Pérez Cruz + Carola Ortiz), Casa deshabitada (Moel – feat Guadi Galego), Emerxencia: Freixo (Davide Salvado e Abe Rábade), Povo de artistas (Dakidarría – feat. Tanxugueiras, O Rabelo), Outras Lérias (Ukestra do Medio), Somos a pedra (Os d’Abaixo) e Peixe (Xisco Feijoó) e as portuguesas: Areia Fina (Tiago Nacarato), Estou por Tudo (Miguel Araújo – c/ Cláudia Pascoal), Andorinhas (Ana Moura), Este Meu Jeito (Elisa), Cidade (Bárbara Tinoco x Barbara Bandeira), Mãe (Mariza), Eco (Carolina Deslandes), Sou Como Sou (Ana Bacalhau), Ready (Mulher Batida) (Orelha Negra com A Garota Não) e Purga (Rita Vian).

Todas as persoas que quixeren participar poden votar a través da web do aRi[t]mar dende as 16:00 h do 22 de febreiro até ás 23:59 h do día 20 de marzo, e participarán posteriormente nun sorteo dun lote de libros.

Ari[t]mar é um proxecto didáctico e cultural da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, pertencente à Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galiza, e que ten por obxectivo divulgar a música e a poesía galego-portuguesa actuais e achegar a cultura e a lingua dos dous países, no marco da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento do ensino do portugués e vínculos coa lusofonía.

Prensa
GL