"II. LISÍSTRATA", e “Maçãzinha” foron escollidas como Mellores Músicas do ano 2022

Santiago de Compostela,
29 de Marzo
de 2023

Este 27 de marzo pechou o proceso de votación mediante o cal o público da gala aRi[t]mar escolleu cal foron as Mellores Músicas do pasado 2022 na Galiza e en Portugal. Nesta oitava edición, o certame volveu bater a súa propia marca de participación cun total de 6792 votos, o que supón case un 30% de incremento con respecto á edición anterior.

Neste caso, o público de aRi[t]mar acordou que II. LISÍSTRATA (varre vasoira), das Fillas de Cassandra, foi a Mellor Música do 2022 na Galiza. Este segundo corte do que é o primeiro traballo das viguesas María Pérez e Sara Faro dá boa conta de que a escena musical galega segue a innovar e triunfar sen necesidade de abandonar a tradición cultural, reformulando a mensaxe feminista a través dun espazo no que a Grecia Clásica convive co trap ou a música electrónica.

No caso de alén do Miño, o tema elixido como Mellor Música do 2022 en Portugal é Maçãzinha, da agrupación portuense Retimbrar en colaboración coa mosense Uxía. Maçãzinha é un bo exemplo do TugaBeat, nome co que os mesmos Retimbrar definen a súa música, unha mistura de sons folk, populares e de outras moitas orixes coa sempre imperante presencia da percusión tradicional lusa.

Os artistas que acadaron o podio grazas aos votos do público foron, na Galiza, SÉS, quen xa recibira o premio na edición 2017 e nesta ocasión optaba ao mesmo grazas ao seu Para Cando Eu Morra, e a dupla Xoel López & Baiuca, con Paxaro Do Demo. En Portugal, o segundo e terceiro clasificado foron: A Garota Não co seu tema Dilúvio, e Miguel Araújo, que optaba ao premio pola súa Dança de um dia normal.

Mellor Canción Galega

II. LISÍSTRATA
(varre vasoira)
de Fillas de Cassandra

María Pérez e Sara Faro conforman este dúo que vén dar unha nova e forte puntada na escena musical galega, colleitando na súa, polo de agora, curta traxectoria, un medre de popularidade exponencial.

Mellor Canción Portuguesa

"Maçãzinha"
(feat. Uxía)
de Retimbrar

Na cidade do Porto, un grupo de oito músicos leva desde o ano 2008 practicando algo chamado TugaBeat. Eles son Retimbrar, e o mentado TugaBeat é a súa música, unha na que importa a percusión, a música tradicional lusa e traer ao presente todo o que xa estaba no pasado.

Mellor Canción portuguesa

"Maçãzinha"
(feat. Uxía)
de Retimbrar

Na cidade do Porto, un grupo de oito músicos leva desde o ano 2008 practicando algo chamado TugaBeat. Eles son Retimbrar, e o mentado TugaBeat é a súa música, unha na que importa a percusión, a música tradicional lusa e traer ao presente todo o que xa estaba no pasado.

2º posto Galiza
2º posto Portugal
Dilúvio , de A garota não
3º posto Galiza
Paxaro do demo, de Xoel López & Baiuca
3º posto Portugal
Dança de um dia normal , de Miguel Araújo

premio especial do xurado á Embaixada da amizade galego-lusófona

Associação
José Afonso

Por manter vivo o legado daquel que non só foi un dos maiores cantores e poetas da historia de Portugal, senón tamén un persoeiro sempre consciente das súas ligazóns, e as do pobo portugués, coa Galiza, o xurado do certame aRi[t]mar galiza e portugal acaba de decidir que a Associação José Afonso (AJA) será a galardoada co Premio Especial do Xurado á Embaixada da Amizade Galego-Lusófona 2022.

PROMOVE

PATROCINA

COLABORA

newsletter

Mantente informado: aRi[t]mar galiza e portugal

    Desprazamento
    Bottom Reached
    GL