Carlos Da Aira e Raquel Lima, poetas gañadoras do certame aRi[t]mar galiza e portugal 2020
Tras o proceso de votación dos poemas finalistas do aRi[t]mar Galiza e Portugal, o certame dá a coñecer as súas gañadoras. O poema “Nas noites de luar” (Prender os fachos, compoñer os ósos, Espiral Maior, 2019) de Carlos Da Aira por Galiza e a portuguesa Raquel Lima co poema “Liberdade mais cruel” (Ingenuidade Inocência Ignorância, Animal Sentimental e BOCA – palavras que alimentam, Lda, 2019) foron as escollidas nesta edición.
As seguintes clasificadas foron Tamara Andrés (Galiza) por “No medio desta paisaxe”, e Filipa Leal(Portugal), por “Projecto político 3: El Corte Inglés” e, en terceiro lugar, Olga Novo (Galiza), por “Síndrome de Stendhal” e José Manuel Neves (Portugal) con “E se fosse proibido abraçar”.
Os poemas foron escollidos por votación popular online aberta a todo o público galego e portugués. Ademais das comunidades educativas e sociais da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, participaron tamén as da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, Instituto de Línguas e Ciências Humanas da Universidade do Minho (Braga), Escola Oficial de Idiomas de Lugo, Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra, Centro Cultural Portugués de Vigo-Instituto Camões e os centros do Ensino Português pelo Camões na Galiza, e os Centros de Estudos Galegos de máis de 35 universidades do exterior, ben como centros de ensino secundario de fóra de Galiza en que se imparte galego, e o público en xeral.