LusofoniaaRi[t]mar reivindica a irmandade lingüística e cultural da Galiza e Portugal na súa V gala

aRi[t]mar reivindica a irmandade lingüística e cultural da Galiza e Portugal na súa V gala

A V edición dos premios ‘aRi[ t]mar’, enmarcados no Festival Cantos na Maré, reivindicou este sábado 26 de setembro en Santiago de Compostela “a irmandade lingüística e cultural” entre a Galiza e Portugal durante unha gala que reuniu máis dun centenar de persoas.

O evento desenvolveuse no Hotel NH Colection e serviu para galardoar diferentes personalidades da lusofonía como os poetas Carlos da Aira -premiado á mellor poesía galega con “Nas noites de luar” – e Raquel Lima -mellor poesía portuguesa con ‘Liberdade mais cruel’-.

O segundo posto da Galiza foi para Tamara Andrés, con “No medio desta paisaxe”; e o terceiro para Olga Nova con, “Síndrome de Stendhal”. O segundo posto de Portugal foi para Filipa Leal con “Projeto Político 3: El Corte Inglés”; mentres que o terceiro gañouno José Manuel Neves con “E se fosse proibido abraçar”.

GL