2023A gala aRi[t]mar celebrarase o día 10 de outubro no Auditorio de Galicia

A gala aRi[t]mar celebrarase o día 10 de outubro no Auditorio de Galicia

Cinco recoñecementos; cinco grupos, persoas ou asociacións galardoadas; e quen quixer presenciar, con entrada libre, unha cerimonia de entrega de premios con moita música e poesía. Estes son os principais ingredientes da gala aRi[t]mar, que se celebrará o día 10 de outubro a partir das 20.30 horas no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela.

Presentada por Ivonete da Silva e Zakarías O’Facas, a gala reunirá as vencedoras do Premio á Mellor Música do Ano na Galiza, Fillas de Cassandra; os vencedores do Premio á Mellor Música do Ano en Portugal, Retimbrar; a vencedora do Premio á Mellor Poesía do Ano na Galiza, Arancha Nogueira; e a vencedora do Premio á Mellor Poesía do Ano en Portugal, Maria Isabel Fidalgo; e os representantes da Associação José Afonso (AJA) e da AJA-Galiza, distinguidas nesta ocasión co Premio Especial do Xurado á Embaixada da Amizade Galego-Lusófona.

Alén diso, os dous grupos recoñecidos como autores e intérpretes das mellores músicas do ano na Galiza e Portugal, o dúo vigués Fillas de Cassandra e os portuenses Retimbrar, ofrecerán unha pequena mostra do seu repertorio musical.

A entrada será gratuíta e estará aberta até completar a capacidade da sala estipulada do Auditorio de Galicia. A información para retirar os convites ofrecerase nas semanas anteriores á gala.

Gala 2023

Presentación

GL