|
|
Entrevista a Tanxugueiras
Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.
Recargar
“Un premio como o aRi[t]mar dálle máis oportunidade á música de raíz”
Tanxugueiras incrementa as revolucións do folk en galego. Olaia Maneiro, Sabela Maneiro e Aida Tarrío chegaron a máis de 100 escenarios co seu primeiro disco, cunha contundencia que continúa coa recente estrea de 'Contrapunto'. Tanxugueiras son renovación e reinterpretación para a tradición musical. “Cantando en galego loitamos pola nosa identidade”, afirman nesta entrevista.
- Que representa para As Tanxugueiras gañar este premio aRi[t]mar?
É todo un orgullo gañar uns premios coma estes, posto que dan visibilidade tanto á música galega como á portuguesa. Sobre todo que unha canción de base tradicional teña un premio coma este dálle máis oportunidade á música de raíz a ter máis recoñecemento.
- Como valorades a situación actual da música en Galiza? Cada día a música en galego colle máis forza e calidade aínda que seguimos botando en falta máis difusión nos medios e apoio das institucións. Botamos en falta tamén máis grupos que aposten pola música tradicional a nivel profesional.
- Que fortalezas atopades no uso do galego como artista? Cantando en galego podemos conseguir que o idioma non morra e loitar pola nosa identidade.
-Que lle transmitiriades á xente que está a comezar na música? Que todo é posible, que loiten polos seus soños e que traballen moito e facéndoo con moito respecto, sabendo que costa o dobre ao facelo na nosa lingua pero non é imposible.
-Que ides ofrecer na gala aRi[t]mar do 4 de decembro no Auditorio de Galiza, en Santiago de Compostela? Frescura, espontaneidade e moita festa. É un día para celebrar, loitar pola nosa lingua e identidade.
|
|