"Peixe", e “Andorinhas” foron escollidas como Mellores Músicas do ano 2021

Santiago de Compostela,
21 de Marzo
de 2022

O prazo para elixir as mellores cancións do ano na Galiza e en Portugal, aberto o pasado 22 de febreiro, pechou este domingo día 20 de marzo. Os arredor de 5.500 votos emitidos polo público a través da Internet decidiron que “Peixe”, de Xisco Feijóo, fose elixida Mellor Música do Ano 2021 na Galiza. Igualmente, “Andorinhas”, de Ana Moura, foi elixida Mellor Música do Ano 2021 en Portugal. A segunda e terceira cancións máis votadas na categoría galega foron, respectivamente, “Pobo de Artistas” de Dakidarría, e “Maneo de Cambre”, de Caamaño&Ameixeiras. Na categoría lusa, a segunda e terceira cancións máis votadas foron “Estou por tudo”, de Miguel Araújo, e “Eco”, de Carolina Deslandes. As vencedoras foron escolleitas de entre dez músicas galegas finalistas e outras tantas portuguesas.

Ambalasdúas vencedoras son claras apostas por unha visión contemporánea da música tradicional e puntos de inflexión nas carreiras dos seus intérpretes

“Peixe” é o nome da canción elixida como mellor do 2021 na Galiza, pero tamén do que é o primeiro traballo discográfico de Xisco Feijóo en solitario. Este bailador, coreógrafo, presentador de televisión, mestre e cantor ten participado en máis de vinte traballos e presentacións de artistas de proxección internacional como Mercedes Peón, Xosé Manuel Budiño, Carlos Núñez, Kepa Junquera, Berrogüetto ou Rodrigo Romaní. En concreto, “Peixe” é un canto á aceptación e á natureza única, incoherente e irrepetible do ser humano, no que unha fonda tradición emerxe grazas a unha mirada recuperadora pero tamén actual e contemporánea.

Por outra banda, “Andorinhas” é o primeiro tema do novo camiño que a fadista máis exitosa do presente século, Ana Moura, botou a andar tras romper coa súa casa discográfica e comezar a crear e producir música dun xeito máis diverso e independente. “Andorinhas” é boa mostra desta nova senda, basculando entre unha voz sentida de fadista e unha envolvente musical que, sen deixar de recordar á música nacional lusa, tamén se achega a ritmos contemporáneos coma o da electrónica. O tema ten sido definido por fontes achegadas á artista santarena como “símbolo da liberdade e a emancipación, da creatividade en estado puro”, o que sen dúbida marca un punto de inflexión na carreira dunha figura que ten superado o millón de ventas a nivel mundial.

Mellor Canción Galega

Peixe
de Xisco Feijóo

Xisco Feijóo, bailador, coreógrafo, presentador de televisión, mestre e cantor ten participado en máis de vinte traballos e presentacións de artistas de proxección internacional .

Mellor Canción Portuguesa

Andorinhas
de Ana Moura

A fadista máis exitosa do presente século, Ana Moura, botou a andar tras romper coa súa casa discográfica e comezar a crear e producir música dun xeito máis diverso e independente.

Mellor Canción portuguesa

"Andorinhas"
de Ana Moura

A fadista máis exitosa do presente século, Ana Moura, botou a andar tras romper coa súa casa discográfica e comezar a crear e producir música dun xeito máis diverso e independente.

2º posto Galiza
Pobo de Artistas, de Dakidarría
2º posto Portugal
Estou por tudo, de Miguel Araújo
3º posto Galiza
Maneo de Cambre , de Caamaño&Ameixeiras
3º posto Portugal
Eco , de Carolina Deslandes

"Anorak de pel de caribú", e “E se eu fosse eu?” foron escollidas como gañadoras do premio á mellor poesía 2021

Santiago de Compostela,
18 de maio
de 2022

A Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela acabou de fechar o proceso de votación dos poemas finalistas do certame aRi[t]mar galiza e portugal. Os máis de 5.000 votos emitidos polo público de aRi[t]mar a través da Internet decidiron que o poema “Anorak de pel de caribú”, de Lúa Mosquetera, fose elixido Mellor Poesía do Ano 2021 na Galiza. Igualmente, “E se eu fosse eu?”, de Wilma Vieira, foi elixida Mellor Poesía do Ano 2021 en Portugal. 

As poetas Inma Doval e Teresa Rios foron a segunda e terceira clasificadas na Galiza coas súas poesías “(couza)” e “Medrei na arela desa pantasma”. En Portugal, a segunda e o terceiro clasificados foron Raquel Serejo Martins, con “Comprar un móvel con muitas gavetas”, e Sérgio Godinho, con “A cada degrau”.

2º posto Galiza
Couza, de Inma Doval Porto
2º posto Portugal
Comprar um móvel com muitas gavetas, de Raquel Serejo Martíns
3º posto Galiza
9 Medrei na arela desa phantasm, de Teresa Ríos Noya
3º posto Portugal
A cada degrau, de Sérgio Godinho

premio especial do xurado á Embaixada da amizade galego-lusófona

Ponte... nas Ondas!

Ponte... nas Ondas leva máis de vinte e cinco anos organizando actividades culturais e pedagóxicas na Galiza e na zona norte de Portugal. Creada en 1995, esta entidade naceu aproveitando a construción dunha ponte física entre as localidades de Monçao e Salvaterra de Miño e estabeleceu unha ponte comunicativa a través do medio radiofónico.

PROMOVE

PATROCINA

COLABORA

newsletter

Mantente informado: aRi[t]mar galiza e portugal

    Desprazamento
    Bottom Reached
    GL