O certame aRi[t]mar da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela abre o proceso de votación despois do xurado ter seleccionado as dez músicas portuguesas e galegas nomeadas.

As músicas finalistas desta edición son as galegas: O que pode un corpo (Ataque Escampe), Fisterra (Baiuca), Aire(Davide Salvado), O espello (García Mc & Nación Quilombo), Balada de Verán (Guadi Galego), Mariluz (MJ Pérez), Taboada (Najla Shami), Decide (Narci Rodríguez dA Trío), Despedida (Sabela) e Muinheira da Costa(Terbutalina) e as portuguesas: O Erro Mais Bonito (Ana Bacalhau), Catavento Da Sé (António Zambujo), Antes Dela Dizer Que Sim (Bárbara Tinoco), Viver (Claudia Pascoal), Eu Gosto de Ti (ELAS), Uma Frase Não Faz A Canção (Isaura), Talvez se eu Dançasse (Miguel Araújo), Trégua (Tiago Bettencourt), Sol De Inverno (Tiago Nacarato e Paulinho Moska) e Às vezes (Xutos & Pontapés).

Todas as persoas que quixeren participar poden votar a través da web do aRi[t]mar e tamén desde as app do certame para Android e iOS e desde as 19:00 h da terza feira 18 de febreiro até ás 23:59 h do día 17 de marzo, e participarán posteriormente nun sorteo dun lote de libros.

aRi[t]mar é um proxecto didáctico e cultural da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, pertencente à Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galiza, e que ten por obxectivo divulgar a música e a poesía galego-portuguesa actuais e achegar a cultura e a lingua dos dous países, no marco da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento do ensino do portugués e vínculos coa lusofonía.

GL