Utilizamos cookies de terceiros para mellorar continuamente os nosos servizos. Se continúas navegando aceptas o uso destas.

   Más Intormación - Aceptar.
Galego Português

Alexandre Brea e Lois Pérez, poetas gañadores do certame aRi[t]mar galiza e portugal

 

Os poemas serán interpretados nunha gala que se realizará no Teatro Principal de Santiago de Compostela xunto coas músicas gañadoras e a presenza dos promotores da iniciativa Convergências Portugal Galiza, premio aRi[t]mar da Embaixada da amizade galego-lusófona.

A iniciativa da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela encádrase na Lei Valentín Paz-Andrade de vínculos coa Lusofonía.

 

Lois Pérez


Lois Pérez
(Lugo, 1979)

POEMA GAÑADOR: "Blues do rei Bergman = B.B. King"

 

 Mestre e contador de historias, o centro da súa actividade artística é a narración oral e a escrita. No eido da dramaturxia, gañou en 2008 un dos premios de Teatro Radiofónico da Radio Galega, coa obra "Saltimbanqui", dirixida e adaptada por Quico Cadaval e interpretada por este canda Xan Cejudo e Xosé Olveira Pico, publicada en libro-cd (Xerais, 2008). En 2013 publicou "LP", o seu primeiro poemario, editado por Emerxente. Foi colaborador do grupo de teatro Pinchacarneiro, da Fundación Anade para persoas con diversidade funcional e ocasionalmente exerce de cronista do rock and roll para a revista "Ruta 66" e como locutor radiofónico nocturno para openradio.es. Colabora coa Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG e no eido do ensino traballou e coordinou diferentes proxectos de innovación na normalización lingüística do galego na escola, premiados todos eles (2008, 2009, 2010 e 2011) por organismos oficiais e institucións diversas. "Long Play" (2017) é o seu primeiro libro de poemas en Xerais.
(https://www.xerais.gal/autores.php?tipo=autores&id=100026441)

 

 

Alexandre Brea


Alexandre Brea
(Santiago de Compostela, 1994)

POEMA GAÑADOR: "Com o ritmo da chuva"

 

 Fillo de escritores, desde crianza foi educado para amar todas as culturas da terra e da sua propria.

Aos oito anos foi morar para o campo coa sua familia e amou a natureza. Pasou a súa infancia brincando ao pé do Pico Sacro, entre libros e inmensos campos verdes.

Unha vez finalizado o bacharelato dedicou un ano sabático a viaxar pola Europa, aprendeu por conta propria a escribir. Xa con 18 anos comezou o Grao en Física na Universidade de Santiago de Compostela que cursa na actualidade. Combina os estudos con outros intereses pessoais como a fotografía, a música, a lectura e viaxar.

Nos últimos anos participou nas obras poéticas Além do silêncio e Galiza e Moçambique numa linguagem e numa sinfonia e em numerosos recitais, así como en obras colectivas que están aínda en proceso de ser publicadas. Recentemente resultou elixido para formar parte da antoloxía lusófona Emergente.

(http://marcasdeleitura.blogspot.com.es/2017/03/o-ppl-sugere-o-livro-branco-alexandre.html)

 

Poemas premiados 2018 

 

Galiza

Gañador

Lois Pérez con "Blues do rei Bergman = B.B. King"

2º posto

Eli Ríos con "Arróstrasme Ítacas"

3º posto

Marta da Costa con "Tira a roupa"

Portugal

Gañador

Alexandre Brea con "Com o ritmo da chuva"

2º posto

Cláudia R. Sampaio con "Sou mulher de vestígios fáceis e dignos"

3º posto

Ana Luísa Amaral con "Aprendizagens"

 


Premio especial do xurado á Embaixada da amizade galego-lusófona: Convergências Portugal Galiza

 


 

Premio especial do xurado á Embaixada da amizade galego-lusófona: Convergências Portugal Galiza


O galardón dáse a coñecer o 25 de abril, data referencial da Lusofonía

Permanece aberto o prazo para a escolla do mellor poema galego e portugués na web da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela 

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2018.- O xurado do certame aRi[t]mar da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela acordou conceder o Premio aRi[t]mar especial do xurado “Embaixada da Amizade galego-lusófona”á iniciativa miñota Convergências Portugal Galiza.

 

Músicas premiadas 2018 

 

Galiza

Gañadora

A banda da Loba con Bailando as rúas

Salvador e Luísa Sobral


2º posto

De Vacas con  A modiño

3º posto

MJ Pérez con Casandra

Portugal

Gañadora

Salvador e Luísa Sobral con Amar pelos dois

Salvador e Luísa Sobral


2º posto

Tiago Bettencourt con Se me deixasses

3º posto

Ana Bacalhau con Leve como uma pena

 

 

 

 

 


aRi[t]mar
Difundir a música e a poesia, aproximar a cultura e a língua da Galiza e Portugal.
Promove
Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Patrocinan / Patrocinam
Secretarías xerais de Cultura e de Política Lingüística, Deputación Provincial da Coruña e Concello de Santiago de Compostela, Agrupamaneto Europeo de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal e Instituto Camões-Centro cultural Portugués de Vigo.
Colaboran / Colaboram
Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela, Escola Oficial de Idiomas de Lugo, Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra, Centros do Ensino Português pelo Camões na Galiza, Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela.